Trato persoal e rapidez nas citas, os aspectos que máis valoran os galegos da sanidade
Segundo un estudo realizado pola USC, consideramos complementarias a sanidade pública e privada e vemos oportunidades de mellora nas listas de espera e os servizos de urxencias.
Os galegos consideran complementarias a sanidade privada e pública e ven oportunidades de mellora no marco da segunda en "as listas de espera e a falta de persoal en urxencias".
Así se reflicte nun estudo realizado pola Universidade de Santiago (USC) encargado polo Grupo Gaias Saúde para "detectar oportunidades de mellora dos servizos" que ofrece.
No estudo, realizado ao longo de 2016 por un equipo de dous coordinadores e sete investigadores da USC entre persoas de entre 25 e 79 anos e residentes nas principais cidades de Galicia, conclúese que os galegos "fan unha valoración positiva da sanidade pública a sanidade pública outorgando unha nota de 3,44 sobre 5".
"E entenden tanto a sanidade pública como privada como complementarias", segundo se destaca no estudo, que concreta que por cidades, os residentes en A Coruña son os que mellor percepción teñen da sanidade (3,54).
No estudo indícase, ademais que o que, a pesar da gran mellora tecnolóxica que sufriu a sanidade, o que máis valoran, tanto na pública como na privada é "o trato humano e a rapidez nas citas".
O que máis valoran en concreto da sanidade privada é precisamente "o trato personalizado, a rapidez nas citas e a posibilidade de escoller aos especialistas", segundo subliña o Grupo Gaias Saúde.
PÚBLICA
Mentres, segundo o estudo, entre os principais aspectos positivos da sanidade pública galega, os entrevistados destacan a profesionalidade dos seus traballadores, o carácter gratuíto e universal da sanidade pública e a boa atención en xeral.
Sobre o aspecto da atención, que na enquisa aparece como un factor crítico á hora de percibir a calidade asistencial, no ámbito da sanidade pública xorden diferenzas entre as valoracións que fan dela as mulleres e os homes.
Deste xeito, para as mulleres, a boa atención radica "no trato esmerado e a profesionalidade do persoal sanitario", segundo apunta o Grupo Gaias Saúde; e para os homes, pola contra priman "a rapidez do servizo, a profesionalidade e a eficacia".
Escribe o teu comentario