O vídeo que retrata os personaxes do Entroido galego
O 'Petardazo' do pasado sábado puxo en marcha o mecanismo do entroido, que se alongará ata finais de febreiro.
O mecanismo do entroido xa está en marcha. A conta atrás para os días grandes, sábado, domingo, luns e martes de entroido empezou desde que o sábado se iniciara oficialmente a 'tempada de entroido' co 'Petardazo'. Xinzo de Limia xa celebrou o seu afamado 'Fareleiro' o domingo, nun dos entroidos que se din máis longos de Galicia e España.
Este vídeo de Turgalicia retrata diferentes personaxes típicos do entroido galego, desde o coñecido 'triángulo máxico' conformado por cigarróns, peliqueiros e pantallas; pasando polos non tan afamados pero igualmente exhuberantes felos, madamas e galáns, boteiros ou xenerales. Todo un documento gráfico dunha tradición que está incrustada no ADN galego.
Escribe o teu comentario