AC/DC versionado con gaitas, o vídeo do momento

A Rondalla Santa Eulalia de Mos, formada por máis de cen persoas, atrévese co mítico tema 'Thunderstruck'.


|

A Rondalla Santa Eulalia de Mos é nestes momentos a formación de música tradicional con máis éxito nas redes sociais. E todo grazas a un vídeo da televisión local de Redondela do Día dous Ranchos de Reis, onde a banda interpreta o mítico tema Thunderstruck de AC/DC. Contan que son sempre todo un espectáculo visual e de son, cos seus máis de cen compoñentes e as súas postas en escena. Na citada festa convertéronse en peza fundamental.


O vídeo acumula unhas 150.000 reproducións nun día, pero esta non é a primeira versión coa que se atreven. Hai un ano sorprenderon ao IFEVI, o recinto feiral de Vigo, co tema da cabeceira da serie Xogo de Tronos.



O éxito en redes sociais pode ser efémero, pero estes vídeos deixan con ganas de velos en vivo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE