O PSdeG reclama a "supresión progresiva" do copago farmacéutico

A proposta dos socialistas contempla empezar por "os xubilados con pensións menores de 800 euros ao mes".


|

Medicamentosfrmacos


O grupo socialista no Parlamento galego levará ao Pleno que comezará o vindeiro martes no Pazo do Hórreo unha proposición non de lei para "reclamar a supresión progresiva do copago farmacéutico", empezando polos "xubilados con pensións menores de 800 euros ao mes".


O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, indicou a través dun comunicado que a intención é que, finalmente, o copago sexa eliminado "para todas as persoas pacientes do Sergas".


Así, o PSdeG propón que os primeiros que non deban "repagar" os medicamentos sexan os xubilados e xubiladas que perciban unha pensión por baixo dos 800 euros mensuais que, como lembrou, representan "máis do 75 por cento do total dos pensionistas de Galicia".


Así as cousas, Torrado cualificou de "profunda inxustiza" a "obrigación de repagar por unha banda do servizo sanitario, como é o tratamento farmacolóxico, vulnerando así o criterio de gratuidade da sanidade pública".

relacionada Retiran un medicamento do Cunqueiro e do CHUO por ter partículas de vidro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE