As estradas galegas xa contan con novos radares de control de velocidade

Xunto a estes radares, que realmente "xa están colocados pero sen activar", a DXT instalará cámaras que vixiarán o uso do móbil e do cinto. 


|

Controldevelocidadradar


O Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, informou que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) xa instalou os novos radares para controlar a velocidade nas estradas galegas aínda que precisou que aínda "non están a funcionar".


Nun acto en Pontevedra, Villanueva recoñeceu que a á sinistralidade que se rexistra na vías galegas é algo que "preocupa especialmente" tanto "polo número de accidentes como o de vítimas que se produciron". En concreto, Galicia pechou 2016 cun total de 107 falecidos, un 16% máis que no exercicio anterior.


Ante iso, a DXT adoptou unha serie de medidas para reducir esta sinistralidade, entre as que se atopa a instalación de novos radares fixos xunto á recolocación dalgúns dos xa existentes naqueles tramos onde o exceso de velocidade está relacionado coa accidentalidade.


"É un tema prioritario para a Delegación", dixo Santiago Villanueva, que coincidiu coa nova subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, ao trasladar esta preocupación durante a toma de posesión desta última, que tivo lugar este mércores.


"Basicamente trátase de vixiar a seguridade viaria e que se reduzan o número de accidentes e o de vítimas", resumiu Villanueva.


COLOCADOS PERO "SEN ACTIVAR"


Xunto a estes radares que "realmente xa están colocados pero sen activar" a DXT tamén instalará cámaras que vixiarán o uso do móbil e do cinto, así como bandas rugosas e sonoras, entre outras medidas que inclúen a revisión de tramos de adiantamento, a mellora da sinalización dos cruzamentos perigosos ou a colocación de paneis.


Aínda que Villanueva lembrou que existen "múltiples factores", como "as estradas, a luminosidade ou a climatoloxía", insistiu en que "sobre todo, trátase de adecuar a condución ao tipo de vía".


O Delegado do Goberno insistiu en que "esta medida ten que estar apoiada por todos: as administracións e os usuarios da vía".

relacionada Xaneiro conclúe con 7 mortos en 7 accidentes de tráfico en Galicia
relacionada ​O 061 atendeu a 60 persoas debido a 49 accidentes de tráfico na fin de semana
relacionada 60 radares, 200 cámaras e avisadores de velocidade para reducir a sinistralidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE