Antón Arias, elixido novo presidente da patronal galega

Logrou o apoio de 100 persoas e o rexeitamento de 64, nunha cita na que o voto delegado volveu ser moi numeroso. 


|

Antonariasceg


O construtor coruñés Antón Arias será o novo presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG) ao conseguir a maioría simple dos votos da asemblea nunhas eleccións nas que el era o único candidato.


Cun censo actualizado de 184 vogais (40 pola Coruña, 32 por Lugo, 32 por Pontevedra e 30 por Ourense e os restantes 50 en representación de organizacións sectoriais), Arias logrou o apoio de 100 persoas e o rexeitamento de 64, nunha cita na que o voto delegado volveu ser moi numeroso.


Os comicios celebráronse nun clima de forte enfrontamento, tras semanas na que a comisión xestora (composta polos responsables das provinciais) decidira buscar un aspirante de consenso.


A última hora antes de que pechase o prazo, sen previo aviso, os empresarios coruñeses, co histórico dirixente Antonio Fontenla á fronte, presentaron a Antón Arias, vicepresidente nesa confederación.


Nos últimos tempos a patronal galega atravesa graves dificultades, tanto económicas e financeiras como de división interna polo poder, tras un convulso mandato do vigués José Manuel Fernández Alvariño, quen deixou vacante o posto a finais de 2015.


Hai agora un ano, o ourensán Antonio Dieter Moure chegou á presidencia da CEG coa intención de pacificar a institución, pero fíxoo vencendo por unicamente 10 votos ao seu rival, José Manuel Pérez Canle, responsable da confederación ourensá.


Agora tanto Pérez Canal como Jorge Cebreiros (presidente en Pontevedra) opóñense a Arias --que si ten o respaldo de Jaime López (Lugo) e o propio Fontenla-- e auguran para el un mandato complicado, xa non tanto pola súa figura, senón polos modos en que se lanzou a súa candidatura.

relacionada Antón Arias, único candidato por "sorpresa" a presidir a CEG
relacionada Os Empresarios de Ourense ven "unha grave deslealdade" a candidatura de Arias á CEG
relacionada Os empresarios de Pontevedra non apoiarán a Arias e augúranlle un mandato "complicado"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE