Constituída a comisión de investigación das caixas

Retomará os traballos iniciados por este mesmo órgano na pasada lexislatura. Dos portavoces parlamentarios só non participa Villares.


|

Comisioncaixas


A comisión de investigación da evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros galegas foi constituída este luns co obxectivo de terminar os traballos iniciados por este mesmo órgano na pasada lexislatura.


Este órgano estará presidido pola parlamentaria popular Marta Rodríguez Arias e terá como vicepresidenta á tamén deputada do PPdeG Cristina Romeu. Pola súa banda, José Manuel Lago (En Marea), será o secretario.


Participarán na comisión, por parte do Partido Popular de Galicia, o seu portavoz parlamentario, Pedro Puy, así como os deputados Martín Fernández Prado, José González Vázquez, Teresa Ejerique e Guadalupe Murillo.


Ademais de José Manuel Lago, participará nesta comisión Antón Sánchez de En Marea; mentres que polo PSdeG estarán Xoaquín Fernandez Leiceaga e Abel Losada. O BNG, pola súa banda, estará representado pola súa líder, Ana Pontón.


A constitución deste órgano prodúcese despois de que a pasada semana ingresasen en prisión catro exdirectivos de Novagaliciabanco e un avogado condenados por apropiación indebida en relación ás indemnizacións cobradas.

relacionada Valeriano Martínez aposta por pechar a investigación das caixas "dunha maneira rápida"
relacionada A comisión de caixas constituirase o luns e a oposición pide que "non sexa fraudulenta"
relacionada A oposición ve a Feijóo "cómplice" e urxe concluír a investigación das caixas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE