Valeriano Martínez aposta por pechar a investigación das caixas "dunha maneira rápida"

"Non é bo andar sempre revisando, creo que a cuestión está suficientemente clara", sostén o conselleiro.


|

Valerianomartinezparlamento


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, apostou por pechar a comisión de investigación das caixas, que este luns se reabre no Parlamento galego. "Non é bo andar sempre revisando. Creo que a cuestión está suficientemente clara", apostilou.


Nunha entrevista concedida á Cadena Ser recollida por Europa Press, Martínez indicou que a investigación sobre a fusión das caixas de aforros galegas está "en fase de pechar", xa que entende que "todo o que tiña algo que dicir fíxoo no Parlamento". "Dunha maneira rápida, pero sen ansiedade, hai que facer o informe que peche esta cuestión", manifestou.


Días despois do ingreso en prisión dos exdirectivos de Novacaixagalicia polo caso das indemnizacións millonarias, o titular de Facenda da Xunta defendeu a xestión de Feijóo no proceso de fusión das entidades financiares.


Na súa opinión, foi o Banco de España quen "mirou para outro lado" logo de coñecerse o asunto das prexubilacións dos directivos das caixas. "A nosa postura foi moi clara. Non tendo competencias, o presidente da Xunta dirixiuse ao Banco de España, que tiña a competencia exclusiva, e o gobernador nin contestou nin actuou respecto do que o presidente poñía no seu coñecemento", indicou.


Neste sentido, subliñou que "non houbo unha correcta asunción da competencia por parte e as principais autoridades do Banco de España" algo que, na súa opinión, "si se fixo desde Galicia".


O NIVEL DE BENESTAR ESTÁ "RECUPERADO"


Por outra banda, o conselleiro de Facenda asegurou que "con carácter xeral, os niveis de benestar xa están recuperados" respecto dos que había antes do inicio da crise, pero que "a nivel individual hai persoas que o están pasando mal".


"O noso obxectivo desta lexislatura é unha recuperación económica que permita a recuperación universal e completa de practicamente todas as persoas que hoxe en día o seguen pasando mal, incidiu, para logo matizar que "a xente que o pasa mal" na actualidade é "menos que a que había en 2015".

relacionada A comisión de caixas constituirase o luns e a oposición pide que "non sexa fraudulenta"
relacionada A oposición ve a Feijóo "cómplice" e urxe concluír a investigación das caixas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE