Abel Caballero multará aos que ouriñen na auga nas praias de Vigo, pero non sabe como

Por agora, queda nunha mera recomendación o non fumar nos areais.  O nudismo ou a entrada de animais ás praias foron disposicións máis debatidas no Pleno de Vigo, que con todo non reparou nesta peculiar medida que, ou o Concello contrata mergulladores hipercualificados, ou se diluirá no mar.  


|

Unha ordenanza municipal contempla multas de ata 750 euros por "a evacuación fisiolóxica no mar ou na praia". 

 

Con todo, nada se sabe de como pensa o Goberno de Abel Caballero comprobar que, efectivamente, alguén está a ouriñar dentro do mar.
 

Abel Caballero na praia
Abel Caballero na praia

 

750 euros. Iso é o que custará ouriñar nas praias de Vigo. Nas praias, e na auga. Porque a ordenanza municipal do Concello vigués relata que a sanción castigará “a evacuación fisiolóxica no mar ou na praia". Unha ocorrencia que chamou a atención de propios e estraños, incluído The Times.

 

Non se sabe como se confirmará o Concello de que, efectivamente, alguén está a ouriñar dentro da auga. A pesar de todo, a normativa xa chamou a atención do público e os turistas nun intento por fomentar o uso de aseos públicos. De feito, este verán Vigo espera unha afluencia nunca vista nunha cidade que ten moitos atractivos, entre eles as paradisíacas praias das Illas Cíes. 

 

OUTRAS CUESTIÓNS

Usar a auga do mar ou as duchas para o aseo persoal ou para lavar utensilios de cociña son outras das condutas que castiga o Concello de Vigo. Pola outra banda, a cidade estuda a posibilidade de prohibir no futuro que se fume nas súas praias. Por agora, queda nunha mera recomendación o non fumar nos areais. 

 

O nudismo ou a entrada de animais ás praias foron disposicións máis debatidas no Pleno de Vigo, que con todo non reparou nesta peculiar medida que, ou o Concello contrata mergulladores hipercualificados, ou se diluirá no mar. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE