Concurso de acredores del Correo Gallego (Editorial Compostela) e o xuíz abre a súa liquidación

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña declarou en concurso voluntario de acredores á entidade Editorial Compostela S.A., pois considera que acreditou o seu estado actual de insolvencia. 

 


|

 

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña declarou en concurso voluntario de acredores á entidade Editorial Compostela S.A., pois considera que acreditou o seu estado actual de insolvencia. 

 

A empresa, que arrastra problemas económicos hai anos, edita o xornal El Correo Gallego, a emisora Radio Obradoiro e no seu día o xornal en galego Galicia Hoxe.

 

A maxistrada designou administración concursal, a cal deberá manifestar a súa aceptación ou non do cargo. Ademais, no auto, contra o que cabe presentar recurso, insta a todos os acredores a comunicar a existencia dos seus créditos á administración concursal no prazo dun mes (a contar desde o día seguinte á publicación do edicto no Boletín Oficial do Estado).

 

Feijoo o correo galego
Unha das entregas de premios galegos do ano que organiza Editorial Compostela en uan foto de arquivo

 A maxistrada designou administración concursal, a cal deberá manifestar a súa aceptación ou non do cargo. Ademais, no auto, contra o que cabe presentar recurso, insta a todos os acredores a comunicar a existencia dos seus créditos á administración concursal no prazo dun mes (a contar desde o día seguinte á publicación do edicto no Boletín Oficial do Estado).

 

O Xulgado, ademais, acordou abrir a fase de liquidación do concurso por petición da empresa e suspendeu, durante a fase de liquidación, “as facultades de administración e disposición do concursado sobre o seu patrimonio”. A xuíza tamén decretou a disolución da entidade e o cesamento dos administradores sociais, quen foi substituídos pola administración concursal, e declarou vencidos os créditos concursais aprazados e a conversión en diñeiro dos que consistan noutras prestacións.
 

Unha vez aberta a fase de liquidación, a letrada da Administración de Xustiza dará traslado do plan de liquidación presentado polo debedor para que sexa informado, no prazo de dez días, pola administración concursal e para que os acredores poidan realizar alegacións. A maxistrada indica no auto que o informe da administración concursal deberá “incluír necesariamente o inventario da masa activa do concurso e avaliar o efecto sobre as masas activa e pasiva do concurso da resolución dos contratos que estivese prevista no plan de liquidación”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE