Rubio lanza cadernos en galego para que os nenos repasen de forma divertida estas vacacións verán

Nenas e nenos poderán practicar a linguaxe, matemáticas, ciencias naturais e sociais en galego.  Lanzan a edición vacacional e tamén engaden outros idiomas vehiculares como o catalán e o valeciano.Fonte: Editorial LOURO / Caderno Vacacións RUBIO A oferta de material didáctico en galego de repaso vacacional segue sendo escasa, pero hai algúns avances, como os impulsados polos editores dos clásicos cadernos Rubio. As coleccións da editorial Rubio son das máis coñecidas entre o ambiente educativo dos máis pequenos e pequenas.


|

Nenas e nenos poderán practicar a linguaxe, matemáticas, ciencias naturais e sociais en galego. 

 

Lanzan a edición de vacacións e tamén engaden outros idiomas vehiculares como o catalán e o valenciano.

Vacacions GAL
Fonte: Editorial LOURO / Caderno Vacacións RUBIO

 

A oferta de material didáctico en galego de repaso de vacacións segue sendo escasa, pero hai algúns avances, como os impulsados polos editores dos clásicos cadernos Rubio.

 

As coleccións da editorial Rubio son das máis coñecidas entre o ambiente educativo dos máis pequenos e pequenas. Así, este ano volven a lanzar a súa versión de verán para reforzar o aprendido. 

 

As vacacións están para divertirse, pero os pedagogos da editorial recomendan manter unha rutina de polo menos 30 minutos ao día para axudarlles a estar mellor preparados para o curso seguinte. Así, Rubio ofrece a posibilidade de facelo en galego e en castelán. As súas coleccións de 2022 chámanse: Vacacións RUBIO  e O meu Caderno de Verán.

 

A colección O meu Caderno de Verán de RUBIO  foi desenvolta en colaboración co docente e educador Manuel Gordillo, tamén coñecido como  “o profe Manolo”. Así, deseñaron un traballo pensado para as nocións creativas dos nenos e nenas. Integran material que aborda de os 3 aos 9 anos e buscan ensinar destrezas para a intelixencia múltiple, expresar emocións e fomentar a empatía.  

 

EN GALEGO 

No seu catálogo incluíron o galego. Con todo, a coñecida editorial tamén sumou ás súas coleccións outras linguas vehiculares como o catalán e o valenciano. Os cadernos en galego reciben o nome de Vacacións RUBIO   e contan cun total de 7 produtos, de diferentes idades, que lles axudarán a manter activo o idioma. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE