Prado Surf Escola defende o surf de todos e para todos coas súas clases adaptadas e inclusivas

A súa lema é “os límites non existen, non os poñas”, por iso Curi, como o coñecen todos no mundo, trata de levar esta filosofía a todos os recunchos derrubando a barreira psicolóxica, a máis difícil de romper e moito máis inhabilitante que a súa hemiplejía.   Curi | Foto: Prado Surf Esocla“O obxectivo de Prado Surf Escola é poder achegar a estes novos deportistas os seus coñecementos na práctica do surf e poñer á súa disposición as instalacións con espazos accesibles”, sinala a organización. CONSEGUE O teu PLAZAYa en abril houbo unha experiencia parecida cun gran éxito de asistencia, que esperan repetir esta fin de semana, na praia de Bastiagueiro en Oleiros, onde se celebrarán as xornadas de surf adaptado e inclusivo, “para todas aquelas persoas que queiran probar o surf adaptado” para “descubrir o poder do mar” e o seu “valor terapéutico”.  Foto: Prado Surf EscolaLas prazas son limitadas para esta actividade, para poder apuntarse só hai que enviar un mail a coruna@pradosurfescola.com. 


|

Esta fin de semana volven á praia de Bastiagueiro as xornadas de surf adaptado e inclusivo.

 

Prado Surf Escola e Anxo Luís Curiel, subcampión do mundo e membro do equipo nacional de surf-adaptado, escóndense detrás desta iniciativa.

 

WhatsApp Image 2022 06 03 at 1.15.41 PM (2)
Foto: Prado Surf Escola

No surf, como na auga, cabemos todos. Non hai limitacións suficientes que nos impidan cabalgar as ondas, e iso é o que leva defendendo Prado Surf Escola 20 anos, impartindo clases por toda a comunidade e, agora, cunha iniciativa que busca “achegar este deporte a persoas capacidades diferentes, é dicir, todas aquelas persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional”.

 

O subcampión do mundo Anxo Luís Curiel, integrante do equipo nacional de surf-adaptado, é o máximo expoñente disto. A súa lema é “os límites non existen, non os poñas”, por iso Curi, como o coñecen todos no mundo, trata de levar esta filosofía a todos os recunchos derrubando a barreira psicolóxica, a máis difícil de romper e moito máis inhabilitante que a súa hemiplejía. 

 

PRADO SURF   Curi
 Curi | Foto: Prado Surf Esocla

“O obxectivo de Prado Surf Escola é poder achegar a estes novos deportistas os seus coñecementos na práctica do surf e poñer á súa disposición as instalacións con espazos accesibles”, sinala a organización.

 

CONSEGUE A túa PRAZA

Xa en abril houbo unha experiencia parecida cun gran éxito de asistencia, que esperan repetir esta fin de semana, na praia de Bastiagueiro en Oleiros, onde se celebrarán as xornadas de surf adaptado e inclusivo, “para todas aquelas persoas que queiran probar o surf adaptado” para “descubrir o poder do mar” e o seu “valor terapéutico”

 

PRADO SURF  Mireia
Foto: Prado Surf Escola

As prazas son limitadas para esta actividade, para poder apuntarse só hai que enviar un mail a coruna@pradosurfescola.com. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE