Privilege Style, aerolínea da polémica deportación de refuxiados ordenada por Boris Johnson, é dun galego
O ourensán José Manuel Álvarez Díaz é o administrador único da balear Privilege Style. O Goberno británico contratoulle o voo que debía levar por centos de solicitantes de asilo e que foi cancelado esta mañá, minutos antes do despegamento, por unha decisión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. O Auria un dos Boeing 777 de Privilige Style con nome galego nunha foto publicada en wikimedia por Oyoyoy O mandato xudicial ha creado un gran balbordo no Reino Unido.
O ourensán José Manuel Álvarez Díaz é o administrador único da balear Privilege Style.
O Goberno británico contratoulle o voo que debía levar por centos de solicitantes de asilo e que foi cancelado esta mañá, minutos antes do despegamento, por unha decisión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

O mandato xudicial ha creado un gran balbordo no Reino Unido. Supón un duro golpe ao plan do primeiro ministro Boris Jhonson. A súa estratexia é enviar pola forza parte dos inmigrantes que piden asilo político no Reino Unido a Ruanda, para que pidan refuxio alí. Algo que viola os dereitos humanos dos solicitantes, segundo os seus avogados.
A pesar da decisión dos xuíces europeos, o goberno británico indica que segue adiante co plan no seu conxunto. Segundo a prensa inglesa, polo menos sete persoas embarcadas no voo finalmente non van ser extraditadas.
AEROLÍNEA DE ORIXE GALLEGO
Privilege Style é unha das empresas de voos chárter máis importante de España, cunha facturación superior aos 2,5 millóns de euros ao ano. Foi fundada hai 17 anos en Palma de Mallorca pero a súa base de operacións está en Madrid- Barallas.
Durante este tempo tempo traballou, entre moitos outros, para a selección de fútbol e clubs como o FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Valencia, Sevilla, Athletic de Bilbao, Español, Benfica e Juventus de Turín.
Varios dos seus avións levan nomes galegos -por exemplo Auria ou Eduardo Barreiros ou Trives- comarca de procedencia da familia propietaria dos aparellos.
Escribe o teu comentario