O PP de Galicia oponse á proposta que fomenta o equilibrio laboral entre mulleres e homes na Xunta
A proposta socialista busca garantir por lei a presenza de mulleres nos órganos de goberno da Xunta. A dirixente socialista sostense en que a falta de mulleres nos altos cargos é froito do sistema patriarcal contra o que hai que loitar. Noa Díaz Varela, parlamentaria socialista.Noa Díaz, tamén concelleira en Santiago de Compostela, manifestou unha contundente crítica á súa oposición por refutar a proposición de equilibrio entre mulleres e homes na administración galega. O partido socialista de Galicia detecta a falta de presenza feminina nos órganos de goberno da Xunta d Galicia.
Rexeitan unha proposta socialista para facer unha lei que incremente a presenza feminina nos altos cargos da Xunta.
A dirixente socialista sostense en que a falta de mulleres nestes postos é froito do sistema patriarcal contra o que hai que loitar.
Noa Díaz, tamén concelleira en Santiago de Compostela, manifestou unha contundente crítica á súa oposición por refutar a proposición de equilibrio entre mulleres e homes na administración galega.
O partido socialista de Galicia detecta a falta de presenza feminina nos órganos de goberno da Xunta d Galicia. Así, exemplifican co caso da Consellería de Educación, onde as mulleres só representan un 12,5% do total de persoas empregadas.
Noa Díaz tamén anunciou a carencia de igualdade nos postos de alta dirección no caso da Consellería de Presidencia cunha cifra do 28% de mulleres. O mesmo na Consellería do Medio Rural, cun 16%, a Consellería de Infraestruturas cun 33%, de Facenda con un 12% ou no Vicepresidencia Primeira con un 25% do total.
Con todo, o PP de Galicia opúxose esta mañá no Pleno da Cámara galega á proposición socialista para incorporar máis mulleres aos altos cargos e, así, equilibrar a desigualdade existente. “O máis grave é que con esta postura o PP recoñece que non está polo labor de avanzar na igualdade de mulleres e homes”, sentenciou a dirixente socialista.
Finalmente, tamén asegura non sentir sorpresa ante a decisión Popular, xa que no Congreso dos Deputados votaron en contra da lei de igualdade que impoñía esas porcentaxes nas listas electorais.
A PROPOSTA DE LEI
A fórmula que o PSdeG pon sobre a mesa consistiría en garantir, por medio dunha lei, a presenza feminina en todos os órganos de toma de decisión pública, así como naqueles onde a administración pública participa. Concretamente, buscan un avalar entre o 40% e o 60% de mulleres nestes postos de traballo para asegurar a igualdade entre ambos os sexos.
"Mentres o 80% do persoal do ámbito educativo son mulleres, estas só representan o 12,5% dos altos cargos na Consellería de Educación", asegura o Partido Socialista. Tamén reclaman o "atraso de Galicia" ao non poñer en práctica estas propostas, pois en Cantabria, Asturias, Navarra, Murcia, Cataluña, Andalucía, Canarias, Illas Baleares, Castela a Mancha, Estremadura e Aragón puxéronse en marcha.
'FOTO DÁ VERGOÑA'
A proposta fomentada polo PSdeG naceu en 2021 por mor da publicación dunha foto tomada tras a reunión do Consello de Administración da sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia. Nela, non preséntase unha imaxe de paridade entre mulleres e homes, pois nela só aparecen figuras masculinas. Noa Díaz incide en que esta e outras fotos "son a reprodución dun sistema patriarcal que temos que combater".
Escribe o teu comentario