Juan González Soler, médico internista: "Queremos atender ben aos nosos pacientes, non máis vacacións"

Así mesmo, consideraque o problema principal reside en que a sanidade debe estar ben vertebrada, é dicir, ofrecer prazas segundo as condicións que máis se necesiten en cada área sanitaria.


|

Os internistas renuncian aos seus traballos ante a falta de contratos laborais dignos. 


Actualmente, a media de idade dos médicos especializados nesta área ascende a 50 anos. 



WhatsApp Image 2022 06 07 at 12.36.07 PM

O médico internista de Ourense Juan González Soler.


A situación para os formativos de Medicina Interna faise cada vez máis insostible. Aínda que a pandemia foi o detonante que deixou á sanidade pública nunha situación deplorable, a realidade é que os internistas levan reclamando unhas condicións dignas desde hai máis tempo. 


Cada vez son máis licenciados os que non apostan pola sanidade pública. Juan González Soler, médico internista do CHUO e vogal do Colexio Médico de Ourense, valorou a situación e indica que o principal problema reside en ter máis carga laboral e, á súa vez, máis falta de recursos.


É consciente de que non haberá unha solución máxica, pero igualmente reclama con urxencia a necesidade de introducir recursos humanos e boas condicións: "Os médicos estánsenos indo e non só son novos". Os internistas, afirma, vanse a outras áreas sanitarias ou á sanidade privada porque ofrecen mellores contratos de traballo. 


Recentemente Amalia Cadavid, responsable de Medicina Interna de Ourense, dimitiu precisamente por estas condicións. Con todo, o seu posto aínda non está cuberto, pero o internista supón que lle asignarán o cargo a alguén nos próximos días. "Quen asuma ese posto ten que ser moi valente nestes momentos", declaraba. 


No caso dos recentemente licenciados, Soler entende e xustifica a súa postura: "Trátase dunha xeración moito máis formada e afeita viaxar. No seu caso non lles importa desprazarse en calquera momento a outra comunidade ou, mesmo, a outro país de Europa. Entón, ou fidelizamos á xente de aquí con bos contratos ou vanse". 


Este 1 de xuño o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pedía comprensión aos internistas mentres non se resolvía a OPE  e, tamén, alegaba que Galicia estaba por encima da media estatal no número de especialistas en medicina interna. 


Con todo, o vogal do Colexio de Médicos de Ourense discrepa con Comesaña en canto a esa interpretación: "Os números son moi manexables. Se eu digo que Ourense ten máis internistas que Lugo, estou dicindo unha realidade. Agora, se eu digo que aos pacientes crónicos os manexa a medicina interna e a xeriatría e que Lugo ten 15 xeriatras, entón estou a usar os números como me convén". 


Así explicou os cálculos do Coselleiro, engadindo que os internistas de Ourense están a exercer noutros campos como a domicilio e urxencias. "Non os podes contar como efectivos de medicina interna", sentenciou.


"ESTAMOS NUNHA SITUACIÓN DE ROTURA"

Asegura que as xerencias son conscientes de que existe un problema. Mesmo, pensa que algunhas das medidas que propoñen pódense avaliar, pero tamén urxe resolver este problema de sobrecarga laboral. "Quedáronse a medio camiño, teñen que ofrecer mellores condicións", opina.


Así mesmo, considera que o problema principal reside en que a sanidade debe estar ben vertebrada, é dicir, ofrecer prazas segundo as condicións que máis se necesiten en cada área sanitaria. No caso de Ourense, por tratarse dunha poboación envellecida, ofertar un número máis elevado de internistas podería axudar a mellorar esa vertebración.


"Comunidades como a andaluza ou a vasca lévannos moitos anos de vantaxe. Aquí non se investiu en dar prioridade ás necesidades da poboación galega, senón a outras cousas", puntualizou finalmente sobre as xerencias. 


SOLUCIÓN PREVENTIVA DA XUNTA: É EFICIENTE?

A proposta que emitiu onte o Conselleiro é a seguinte: Mentres non se resolva a OPE, os médicos doutros hospitais cubrirán esas prazas baleiras no Hospital Comarcal de Ourense.


P: É eficiente?

R: É a lei da manta pequena: estiras para cubrir a cabeza e destapas os pés. Non é solución. Onte eles mesmos recoñecían que a sanidade en Ourense estaba a unha ocupación de 160% e, aínda por encima, colles a eses profesionais e obrígaslles a cubrir as carencias no Barco de Valdeorras... iso non é eficiente. Eles saben cal é a solución, pero non teñen recursos porque se destinan a outras cousas. Entón, o que teñen que facer é priorizar. 


"OS PACIENTES SON O MOTIVO DA MOBILIZACIÓN"

Juan González explica que o motivo que impulsou aos internistas para iniciar esta loita por mellores condicións de traballo son os propios pacientes. "Non pedimos máis vacacións, nin remuneracións, estamos a pedir melloras de condicións para atender ben aos nosos pacientes", alegou. 


Para o vogal, a formación dos facultativos de Ourense é "excelente", pero non poden facelo ben porque os fan correr polos corredores do hospital . "Chegamos ás cinco da tarde frustrados porque non puidemos dedicarlle suficiente tempo aos pacientes e informar aos familiares", engadía. Despois, o internista concluíu: "Somos bos profesionais, non podemos deixar que as condicións nos convertan en malos profesionais".

relacionada Os internistas do hospital de Ourense continúan denunciando un traballo digno na sanidade pública
relacionada Agrávase o conflito sanitario en Ourense ao dimitir a responsable de Medicina Interna

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE