Sílvia Orriols, líder de Aliança Catalá, dispara e executa a Carles Puigdemont...no mundo da IA
Un vídeo xerado por Intelixencia Artificial onde se ve á líder ultradereitista disparando ao expresident da Generalitat catalá provocou unha forte polémica en Cataluña, onde os partidos debaten sobre o uso destas ferramentas. O avogado de Puigdemont, Gonzalo Boye, anunciou que emprenderán medidas legais polo vídeo.
Nas imaxes creadas pola IA, Orriols, nun canellón escuro e arma en man, ajusticia a Puigdemont, que xace no solo.
O vídeo circulou por redes sociais e moitos usuarios compartírono, mentres que outros ofreceron versións alternativas que van desde unha reconociliación (para terminar ambos disparando a un terceiro) até unha malleira de Orriols a Puigdemont.
Escribe o teu comentario