A muralla romana de Lugo iluminada a manchas de vaca para conmemorar o Día do Leite
Trátase dunha iniciativa da empresa Casa Grande de Xanceda, famosa tanto polos seus produtos como polas súas campañas de márketing, e do Concello de Lugo, que apoia a proxección sobre a muralla romana, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. LUGO, TERRA DE VACASLa acción busca destacar esta actividade e a produción leiteira e ecolóxico para manter a biodiversidade, que celebra o seu día grande o 1 de xuño, declarado Día do Leite.
A iniciativa parte da colaboración entre a firma Casa Grande de Xanceda e o Concello de Lugo.
O peso do sector lácteo na comunidade, especialmente na provincia de Lugo, son motivo suficiente para conmemorar este 1 de xuño, Día do Leite.
Muralla de Lugo
Galicia era, ata fai non tanto, o país do millón de vacas. Hoxe hai algunha menos, pero o peso do sector lácteo e agrogandeiro segue sendo capital na economía galega. Por iso, para recoñecer e poñer en valor ao sector nun momento de especial dificultade, a muralla de Lugo lucirá mañá pola noite as “cores” das vacas leiteiras.
Trátase dunha iniciativa da empresa Casa Grande de Xanceda, famosa tanto polos seus produtos como polas súas campañas de márketing, e do Concello de Lugo, que apoia a proxección sobre a muralla romana, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
LUGO, TERRA DE VACAS
A acción busca destacar esta actividade e a produción leiteira e ecolóxico para manter a biodiversidade, que celebra o seu día grande o 1 de xuño, declarado Día do Leite. A proxección realizarase este martes 31 de maio ás 22:30 na Porta de Santiago da muralla.
“Lugo é a provincia galega con maior número de vacas, 263.021, case a metade das vacas de toda Galicia!”, destacan desde Casa Gran de Xanceda, á vez que lembra que esta é a comunidade con máis produción de leite de España e o décimo territorio a nivel europeo.
Escribe o teu comentario