Unha comedia abandeirada polo feminismo chega en xuño ao Salón Teatro de Lalín
Con iso pretenden informar sobre o novo panorama feminista que se está consolidado na nosa sociedade e de como as mulleres están a lidar con iso. Así mesmo, De Ste Xeito informa que o evento en Lalín terá lugar ás 20:30 horas e que o prezo xeral son 5 euros.
A peza se chama FEMINÍSSIMAS e convida a reflexionar sobre como conviven as mulleres neste novo panorama social.
A obra abarcará temas como o feminismo, a amizade e moito humor.
Fonte: De Ste Xeito.
Este sábado 4 de xuño De Ste Xeito Producións ten unha cita no concello de Lalín coa súa nova comedia. Presentarán o seu novo traballo FEMINÍSSIMAS, unha comedia violeta que convida a ver o feminismo desde tres posicións totalmente diferentes.
A obra está protagonizada por tres mulleres e amigas da adolescencia. Pasaron moitos anos desde a primeira vez que se viron e cada unha evolucionou ideoloxicamente en posicións relativamente diferentes.
Así, cada unha das protagonistas expoñerá as teorías do feminismo radical, feminismo liberal e a teoría queer, aínda que sempre cunha gran dose de humor. Con iso pretenden informar sobre o novo panorama feminista que se está consolidado na nosa sociedade e de como as mulleres están a conciliarse con iso.
Así mesmo, De Ste Xeito informa que o evento en Lalín terá lugar ás 20:30 horas e que o prezo xeral son 5 euros. Tamén se lle aplicará un desconto aos estudantes de dous euros nas súas entradas. Todas elas poderanse recoller o propio día no Salón Teatro ou no Museo Municipal Ramón María Aller se as compran con antelación.
Escribe o teu comentario