Un parto súbito no aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acaba con final feliz

O aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi testemuña do primeiro nacemento da súa historia, desde que o centro foi inaugurado no ano 2015, despois de que unha mamá dese a luz alí mesmo, sen tempo a entrar nas instalacións médicas.

|

Máis dunha ducia de sanitarios tiveron que ir correndo ao aparcadoiro para asistir a unha nai no seu terceiro parto. 


A pesar da urxencia, todo saíu ben e nai e criatura atópanse perfectamente.


Aparcamento de urxencicas no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Aparcadoiro de urxencias do HAC en Vigo nunha imaxe de Google Street View



O aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo foi o escenario hoxe dun evento sorprendente, o primeiro parto da súa historia,.Nunca pasara algo así  centro abriu as súas portas en 2015, despois de que unha nai dese a luz alí sen tempo nas instalacións médicas.


Desde a Xunta, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), explica que esta fin de semana unha parella aparcou o seu coche no aparcamento de urxencias. Non houbo tempo para máis, a proxenitora deu a luz alí mesmo.


SE MAOMA NON VAI Á MONTAÑA ...

Rapidamente, por tal motivo, o pai contactou con os galenos. Díxolles que non había tempo para levala ao hospital. Por tanto, un equipo de parto completo trasladouse ao vehículo. Nada menos que 15 persoas axudaron en o "o parto mellor asistido en anos".


Como é posible algo así?  Segundo o Sergas,  sucedeu por ser un parto cuberto,  o que quere dicir que nou houbo a habitual rotura de augas que anuncia a proximidade do nacemento, aínda que ás veces pasan horas antes da culiminación, mesmo días.


Outro factor para ter en conta é que non era primeriza, este é o seu terceiro fillo. Aínda que notou a proximidade do nacemento, cando finalmente decidiron ir ao hospital, o bebé estaba case fose do útero, sen chegar a romper augas.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE