A folga do metal logra pechar concesionarios e empresas na provincia da Coruña na segunda xornada dun paro que vai a máis

Os traballadores reclaman algo tan básico como non perder poder adquisitivo, é dicir, que os seus salarios actualícense ao mesmo nivel que o IPC, algo clave agora que a inflacción está disparada na contorna do 9% anual.



|

Os proletarios están a cumprir a súa advertencia de endurecer o conflito se non hai avances. A participación  foi en aumento comparado coa do día 12.


Os traballadores reclaman algo tan básico como non perder poder adquisitivo, é dicir, que os seus salarios actualícense ao mesmo nivel que o IPC, algo clave agora que a inflacción está disparada na contorna do 9% anual.


Por agora non houbo incidentes serios -máis alla do lanzamento de petardos e bengalas- cos piquetes que tamén esta mañá actúan nas zonas empresariais, aunqu si houbo un detido en Ferrol. Os piquetes lograron, entre outras cousas, que os concesionarios pechen nalgúns polígonos.



Mobilización de traballadores do sector do metal

Traballadores do metal da provincia da Coruña secundarán este mércores e xoves, 18 e 19 de maio, dúas novas xornadas de folga e mobilizacións en demanda dun convenio, nunha convocatoria promovida polos sindicatos CIG, CCOO e UXT.

No marco desta protesta, está convocada unha manifestación para este mércores na Coruña, que sairá ás 12,00 horas desde a rotonda de Santa Cristina, en Oleiros, ata a sede da patronal en Monelos, con motivo da que será a terceira xornada de folga.

O obxectivo desta mobilizacións é reclamar un convenio para os máis de 16.000 traballadores que integran o sector do siderometal nesta provincia e co obxectivo de garantir o poder adquisitivo dos salarios e recoller melloras laborais e sociais no convenio.


Image (1)

Bote de hume lanzado contra un concesionario hoxe na Coruña nunha foto de Comisions Obreiras


A folga e mobilizacións convocáronse tras dous anos de negociacións sen "avances" e despois de que a patronal, na última reunión, presentará unha proposta económica, que os sindicatos rexeitan. Aínda que apuntan a que non hai grandes diferenzas entre o que una e outra parte expoñen, descartan unha "xornada irregular" ou un convenio a seis anos "sen actualización do IPC no salario". Tamén piden a subrogación de traballadores de empresas de mantemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE