ÚLTIMA HORA: Haxan o cadáver de Galia Baba, a moza saharauí desaparecida en Carballo (A Coruña)
A aparición do corpo sen vida foi confirmada tanto pola Oficina Saharauí en Madrid como polo Concello de Carballo.
Galia Baba Chamah desaparecera na parroquia de Bertoa.
Durante a xornada deste luns, sumáronse drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) ao dispor dos axentes da Garda Civil para procura de Galia.
Ademais da Garda Civil e da Policía Local, o operativo tamén contou con voluntarios de Protección Civil de Carballo e dos cans de rescate da agrupación de Oroso.
Escribe o teu comentario