Unha familia de patiños provoca un accidente na AP-9 na que se viu implicado o socialista Gonzalo Caballero

O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, tras a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou a Europa Press, e está de alta hospitalaria.





|

Os animais invadiron a calzada e provocaron un sinistro de consideración, aínda que afortunadamente o ex secretario xeral do PSdeG atópase ben e todo quedou en "un susto gordo". 


Tanto Caballero como os ocupantes do outro vehículo sinistrado puideron abandonar os coches accidentados polo seu propio pé. 


Uns patos cruzan a AP-9  no accidente que afectou o deputado Gonzalo Caballero


O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, tras a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou a Europa Press, e está de alta hospitalaria.

Aínda que foi "un susto gordo", tanto el, que viaxaba só no vehículo camiño da Coruña, como os ocupantes do outro vehículo saíron polo seu propio pé. Caballero foi trasladado ao hospital para realizarlle varias probas e detectóuselle unha costela rota, pero foi dado de alta e o domingo fixo "vida normal".


A 50 METROS DA PEAXE

O accidente produciuse ao cruzar pola autoestrada, a uns 50 metros das cabinas de peaxe, un grupo de patos, o que provocou a reacción do coche que ía diante do de Caballero e o sinistro do coche en que viaxaba o deputado, que deu varias voltas de campá, pero do que conseguiu saír polo seu propio pé.

O deputado socialista e ex secretario xeral do PSdeG recibiu varias chamadas para coñecer o seu estado, entre elas, a do presidente da Cámara, Miguel Santalices, preocupado tamén esta semana pola saúde do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que se recupera "favorablemente" do seu infarto sufrido durante o debate de investidura de Alfonso Rueda a semana pasada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE