"A vocación non pode ser explotación", denuncian Enfermeiras Eventuais en Loita e convocan protesta en Ourense

A Plataforma Enfermeiras Eventuais en Loita convocou unha manifestación este xoves 12 de maio, ás 20 horas, na Praza Maior de Ourense.


|

A Plataforma Enfermeiras Eventuais en Loita convocou unha manifestación este xoves 12 de maio, ás 20 horas, na Praza Maior de Ourense. 


O colectivo denuncia a precariedade que sofren os profesionais sanitarios, cuns contratos temporais que os empuxan a buscar emprego noutro país ou, directamente, a abandonar a profesión. 


Eventuais en loita

Convocatoria de Ourense | Foto: Enfermeiras Eventuais en Loita


Con motivo do Día Internacional da Enfermería, Enfermeiras Eventuais en Loita convocou unha concentración para este 12 de maio en Ourense para denunciar a situación na que se atopa moitos enfermeiros e enfermeiras do país, claves na loita contra a pandemia, exhaustos polo esforzo e non debidamente recompensados por iso.


Desde o colectivo lembran o lema escollido por o Consello Internacional de Enfermería para esta data: ‘A Enfermería. Unha voz para liderar. Investir en enfermería é respectar os dereitos para garantir a saúde global’. Un maior investimento, o reforzo dos persoais nos centros de saúde e hospitais e unhas condicións laborais que acaben coa precariedade que sofren, son algunhas das moitas reivindicacións que levan á rúa neste 12 de maio.


Levamos anos traballando en precario. Situación acentuada, aínda máis se cabe, pola pandemia”, lamentan desde Enfermeiras Eventuais en Loita. A plataforma, achaca isto á “mala xestión das diferentes administracións”, que expulsou a moitos profesionais do mundo da enfermería, mentres outros tiveron que abandonar a súa comunidade ou o país en busca de oportunidades laborais, substancialmente mellores que os contratos por días ou quincenas que ofrecen algunhas administracións.


VOCACIONAL

“Carteleiras abusivas sen ningún tipo de estabilidade, coas que resulta imposible poder organizar a nosa vida persoal, conciliar, ter a posibilidade de goce de vacacións, permisos e mesmo descansos regrados. Xerencias que impoñen, case dunha maneira ditatorial cando debes traballar ou descansar, se é que che corresponde, escusándose na falta de persoal ou necesidades do servizo”, denuncian, á vez que apostilan que esa inestabilidade repercute tanto no sistema sanitario como na atención que reciben os usuarios.


“Resulta imposible dar uns coidados de calidade coa situación laboral á que estamos sometidas. Non podemos escusarnos nin permitir que isto siga así polo feito de que esta profesión ten que ser vocacional. A vocación en ningún caso xustifica a explotación!”, reivindican, á vez que piden a Alfonso Rueda “un cambio na xestión e nas políticas cara á nosa pofesión”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE