A explosión de contaxios por Semana Santa empeza a notarse e a alza de casos covid acelera en todas as áreas

As vacinas lograron reducir a presión sobre as UCIs e sobre as plantas de hospital, con estes niveis de contagios estarían colapsadas de non ser pola vacinación. Agora ben, as vacinas non lograron eliminar por completo as defuncións, sobre todo de persoas moi vulnerables. O problema é que con contagios tan masivos hai bastantes contagios de persoas maiores e vulnerables e ao final a cifra de mortos é notable. Se todas as semanas fosen tan malas como a actual, nun ano morrerían máis de 1.800 galegos con covid.


|


Os 1.718 casos abertos comunicados este venres é a segunda cifra máis alta desde que se usa o novo sistema. Son máis do dobre que os do pasado venres e, loxicamente, contribúen a que os índices de transmisión aumenten.  Contribúen  tamén a un incremento dos casos activos do 8,2% respecto onte, que é o peor desde a resaca do Nadal, a pesar de que agora se fan moitísimos menos test.



NNaJf porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia



A presión hospitalaria volve crecer tras dous días de baixada artificial, provocada por cambio de criterio do SERGAS.  Cal é ese cambio? . Consultada por Galiciapress, Sanidade explica que houbo unha "redución do tempo en que un hospitalizado considérase activo con necesidade de illamento ata que obtén o alta epidemiolóxica". É dicir, que os hospitalizados con covid pasan a recibir aalta,  ou a ser hospitalizados sen covid,  antes; o que provoca unha baixada forzada do cómputo de casos activos hospitalizados. Cando se implementou este cambio de criterio? O SERGAS non dá unha resposta concreta, só indica que foi houbo unha "recente implementación". É probable que fose o martes, cando de súpeto caeu o cómputo de hospitalizados en planta en máis de 100.


A Xunta comunica dous novos falecementos por covid, o que eleva o cómputo semanal a 39 decesos. Non había unha semana tan luctuosa desde febreiro e estamos bastante peor que o ano pasado por estas datas. Desde unha perspectiva semanal, de media están a morrer máis de cinco galegos con covid cada día. Se ampliamos a perspectiva a mensual, a suma de decesos é de 111, o que dá unha media de case catro mortos ao día. Isto mostra que as mortes con covid-19 están a acelerar.  O previsible é que aceleren máis, ante unha onda de contagios que empezou antes de entroidos e que Semana Santa empeza acentuou, como era previsible e empézase a notar agora nas estatísticas.








incidencia acumulada semanal sobe  27 puntos puntos ata 333  positivos por 100.000 habitantes.  É o máximo desde que estreamos método de cómputo a finais de abril e mostra unha tendencia cada vez máis á alza. A incidencia acumulada a 14 días tamén crece moito, 64 puntos ata situarse en 793. 





Hai que lembrar que co novo sistema só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro por exemplo. Tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real.



O dobre da incidencia a 7 días é menor que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 0,86  , por tanto na última semana houbo un   14% de positivos menos que na penúltima.  Esta melloría pode ser un espellismo, pois no cómputo semanal pesan máis os días de Semana Santa, nos que se fixeron poucas probas, que no cómputo bisemanal.


A taxa de positividade onte foi de o  37%, que é a terceira peor de toda a serie histórica . A media semanal crece unhas décimas ata o 30,8% , moi preto do 32% que supuxo o máximo histórico a principios de semana. Desde entón hai unha ligerísima tendencia á baixa.   


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +8,2 %.  É o peor dato desde o 12 de eneor. Algo que, loxicamente, axuda a que a media semanal complete outro paso na mala dirección, subindo de  0,4% a  1,1%.





Levamos dous días con incrementos de casos activos moi importantes, onte un 7% e hoxe un 8%. Parece, por tanto, que a previsible explosión de contagios ao fío da Semana Santa empeza a deixarse ver, pois xa pasou máis dunha semana respecto ao primeiro día non laborable.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +1.130  . O total é de  casos activos é de   14.909  . 


DATOS POR ÁREAS

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase como a tendencia empeza a empeorar de maneira máis perceptible  e case todos os distritos teñen xa máis de 2.000 casos activos.





Lugo (296) o o distrito que máis positivos comunica hoxe. Algo inusual, pois esta dubidosa honra adoita corresponder aos distritos máis poboados, Vigo e á Coruña. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, 142 encamados, 4 en UCI.


 



ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia segue cuns niveis de transmisión moi altos e con tendencia á alza. 
  • Os niveis de hospitalización continúan crecendo pese ao citado cambio de criterio. Dado que a transmisión aumenta, nada nos libra de que a hospitalización tamén se dispare nos próximos días. Non existe, con todo, ningún risco de colapso sanitario. A presión sobre as UCIs segue sendo moi limitada, non chega a 20 enfermos críticos.
  • As vacinas lograron reducir a presión sobre as UCIs e sobre as plantas de hospital, con estes niveis de contagios estarían colapsadas de non ser pola vacinación. Agora ben, as vacinas non lograron eliminar por completo as defuncións, sobre todo de persoas moi vulnerables. O problema é que con contagios tan masivos hai bastantes contagios de persoas maiores e vulnerables e ao final a cifra de mortos é notable. Se todas as semanas fosen tan malas como a actual, nun ano morrerían máis de 1.800 galegos con covid. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE