Néstor Rego reclama no Congreso a derrogación da Lei Mordaza para que non se multe por ​pedir atención en galego

Critican a sanción a un veciño de Rianxo que demandou ser atendido en galego nun centro de saúde da localidade

O BNG pide que se respecten os dereitos lingüísticos dos cidadáns e reclama derrogar a Lei Mordaza 


|

O BNG pon como exemplo a sanción a un veciño de Rianxo que demandou ser atendido en galego nun centro de saúde da localidade e ao que se lle aplicou a 'Lei Mordaza'.


"A defensa activa dos dereitos lingüísticos dos galegos poida supoñer unha multa de varios centos de euros", lamenta Rego.


O deputado do BNG no Congreso, Néstor RegoNéstor Rego | Foto: EP


O Bloque Nacionalista Galego insistiu en reclamar ao Goberno Central que derrogue a denominada como Lei Mordaza e que se respecten os dereitos lingüísticos dos cidadáns, despois de que se lle impuxo unha sanción a un veciño de Rianxo que solicitara ser atendido en galego no seu centro de saúde e que, tras insistir na recepción do centro para poñer unha reclamación por denegárselle este dereito, foi proposto para sanción por axentes da Policía Local.

Segundo comunicou o BNG nunha nota de prensa, os feitos ocorreron o pasado 19 de abril de 2021, cando un cidadán de Rianxo acudiu ao seu centro de saúde para realizar unha proba PCR e solicitou ser atendido en galego, pero "denegóuselle está posibilidade a pesar de estar no seu dereito". Mentres reclamaba na recepción do centro, a Policía Local presentouse no lugar e consideraron que o home incorría en "unha alteración da orde pública que merecía o inicio dun proceso sancionador".

Os axentes sinalaron que a reclamación desta persoa supuxo "un atraso na atención administrativa e sanitaria", polo que consideraron que "debía ser sancionada". Finalmente, a sanción -- de 601 euros -- foi confirmada pola Delegación do Goberno, que "considera acreditada a responsabilidade do denunciado".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para que o Goberno explique se considera xustificada a resolución pola que se impón esta sanción, baseándose "unicamente" na declaración dos axentes da autoridade, "incluso existindo probas e testemuñas contraditorias coa súa versión".


DERROGAR A LEI MORDAZA

O BNG criticou que este feito é produto da vixencia da coñecida como Lei Mordaza, que os partidos do Executivo comprometéronse a derrogar, pero que aínda segue vixente. Ante este caso, os nacionalistas demandan "unha vez máis" a súa derrogación para "acabar con estes abusos".

Néstor Rego lamentou que "a defensa activa dos dereitos lingüísticos dos galegos poida supoñer unha multa de varios centos de euros", ademais cunha sanción que ten como base "exclusivamente" a presunción de veracidade outorgada á declaración dos axentes de Policía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE