A UE escolle dous proxectos de I+D+i sobre economía circular nos que participa a galega Cetaqua
Os dous novos proxectos están enmarcados na Agrupación industrial 6 do programa Horizonte Europa que trata sobre a “Alimentación, bioeconomía recursos naturais, agricultura e medio ambiente”, dentro do programa de traballo “medio ambiente limpo e residuo cero” para levar a cabo unha xestión sostible e circular dos recursos naturais e loitar contra a contaminación.
O centro de investigación galego participará en dous novos proxectos europeos de máis de 8 millóns de euros, liderando un deles. Versan sobre economía circular e neles colaborarán unhas 30 empresas, universidades e centros tecnolóxicos de toda Europa.
O Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte Europa acaba de seleccionar para financiar dous novos proxectos nos que participa o centro de I+D+i baseado en Santiago Cetaqua Galicia quen, ademais, lidera un deles.
Promover o reuso de lodos e outras biomasas, como os refugallos de pesca, por parte da bioindustria como materia prima sostible é un dos obxectivos do primeiro proxecto.
O segundo proxecto pretende profundar no coñecemento do impacto e potencial dos biofertilizantes creados a partir de residuos orgánicos con alto contido en nitróxeno e fósforo, como son por exemplo os lodos de depuradora.
Cetaqua Galicia colaborará nestes proxectos con preto de 30 empresas, universidades e centros tecnolóxicos de toda Europa, recibindo en conxunto máis de 8 millóns de euros, financiados pola Unión Europea. Unha parte dos cales así se investirán no país.
Os dous novos proxectos están enmarcados na Agrupación industrial 6 do programa Horizonte Europa que trata sobre “alimentación, bioeconomía recursos naturais, agricultura e medio ambiente”, dentro do programa de traballo “medio ambiente limpo e residuo cero” .
Horizonte Europa é a a principal ferramenta para implementar políticas de investigación e desenvolvemento na Unión Europea. O obxectivo xeral do programa é aumentar o impacto científico, tecnolóxico, económico e social dos investimentos da UE, fortalecendo así a base científica e tecnolóxica do bloque e mellorando a competitividade entre todos os estados membros.
Cetaqua Galicia é veterana en a codirección de proxectos europeos e en coa consecución de proxectos altamente competitivos dentro do programa marco da UE Horizonte 2020, como os proxectos HOOP e WalNUT.
A súa xestora é a Fundación Centro Gallego de Investigacións da auga; participada pola empresa galega Viaqua, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Escribe o teu comentario