​Está EMALCSA preparada para o estrés hídrico?

EMALCASA é a empresa pública que se ocupa de realizar os controis analíticos que se realizan á saída das plantas de tratamento e na rede de distribución para a auga tratada na Coruña.


|

EMALCASA é a empresa pública que se ocupa de realizar os controis analíticos que se realizan á saída das plantas de tratamento e na rede de distribución para a auga tratada na Coruña. As augas superficiais son analizadas nos ríos Barcés e Mero e no encoro de Cecebre. Fálase de estrés hídrico cando a demanda de auga é máis alta que a cantidade dispoñible durante un período determinado ou cando o seu uso vese restrinxido pola súa baixa calidade.


O cambio climático xa está a producir un estrés hídrico que mantén os pantanos de toda España baixo mínimos, é dicir, empeza ha haber desequilibrios entre a extracción de auga doce en proporción aos recursos de auga doce dispoñibles de forma xeneralizada polo que é importante saber se os actuais xestores, como é o caso de EMALCASA, poderán facer fronte a estes desafíos constantes.


UNHA PREOCUPANTE HEMEROTECA DE ERROS TÉCNICOS


Riomero

Río Mero ao seu paso por Cambre, A Coruña / Foto con dedicación de dominio público/ C0 1.0 Universal ( CC0 1.0 )


O pasado 23 de febreiro, foi a última vez que a planta Telva situada en Cambre tivo que parar en seco debido a unha vertedura no río Río Mero   e que a punto estivo de ocasionar graves problemas de subministración, non só na cidade da Coruña senón aos municipios de toda a comarca como o mesmo Cambre, Sada, Bergondo, Culleredo e Arteixo, tamén abastecidos en auga en alta por EMALCSA. Este episodio de contaminación de augas obrigou a EMALCSA a pechar a planta potabilizadora durante 9 horas.


Non foi o único problema derivado da xestión de auga en alta que a empresa pública EMALCSA vén producindo. Nos últimos anos, os incidentes foron diversos e por motivos como a presenza de manganeso, xurros ou turbidez na auga.


En 2018 e 2019, EMALCSA foi publicamente sinalada pola calidade da auga, entre eles nos municipios de Arteixo e Cambre.


Alcaldes de Oleiros, Cambre, Bergondo e Sada mostran a súa “preocupación” e a empresa recalca en que é apta para o consum


Ademais un veciño da zona chegou a denunciar :"Desde hai un mes a auga sae marrón cada vez que abro a billa. Síntome indefenso".


Os medios fóronse facendo eco dalgúns de os moitos e diversos episodios de turbidez, que se fan públicos polo evidentes que son pero tamén, houbo episodios relacionados co control de a concentración de manganeso.


A CULTURA DE XESTIONAR As INCIDENCIAS É UNHA BOMBA DE RELOXERÍA


Se os episodios onde os cidadáns viron como da súa billa saía auga turbia non fosen suficiente preocupación por si mesmos, a maneira na que EMALCSA xestiona as incidencias pode traer consecuencias futuras peores.


Esta empresa pública evita no posible avisar aos municipios abastecidos con tempo suficiente para poder, se fose necesario, ter marxe de manobra para tomar medidas no abastecemento á poboación sen incorrer en riscos de corte de subministración ou, o que é peor, de impacto para a saúde pública. Aínda que ata o de agora non houbo un problema grave - aínda que si houbo varios incumprimentos de parámetros, pero non se chegou a declarar a auga “non apta” en ningunha ocasión- nin consecuencias que lamentar aínda, esta forma de actuar é unha “bomba de reloxería” para os usuarios que confiados nunha boa xestión e control empezan a preguntarse sobre que nivel de control ten EMALCSA sobre a calidade da auga en alta que fornece? Que frecuencia e tipo de analíticas realiza? Por que reticencia a facilitar a información necesaria nunha clara falta de transparencia? Para cando implementarán sistemas de dixitalización no seu proceso de control de calidade? 


Todos os veráns, co descenso do caudal e o cambio dos procesos, na planta de EMALCSA, os problemas reprodúcense. A falta de información non dá garantías e isto obriga ao responsable de distribuír a auga aos cidadáns, se ten a capacidade, a xerar medidas extraordinarias para así poder garantir esa seguridade na auga servida.


A IDEOLOXÍA POR ENCIMA DA EFICIENCIA E A CALIDADE NO SERVIZO?


O último episodio de parada de 9 horas da planta de Telva, salvouse, entre outras cousas, grazas ás choivas que diluíron a vertedura. Pero, por que non hai unha reivindicación de medidas e responsabilidades de forma enérxica polos outros Concellos afectados por este deficiente abastecemento? Talvez os condicionantes ideolóxicos teñan algo que ver: a maioría (excepto Sada e Bergondo) están inmersos en procesos de remunicipalización (como ocorre en Oleiros) ou xa o culminaron (Arteixo) e quizais cargar contra a empresa, espello na que se miran non é politicamente o máis beneficioso para estes concelloS. Non en balde, EMALCSA, no marco do seu papel activo en AEOPAS, onde o seu xerente ocupa a vicepresidencia, mostrouse activa nos últimos tempos alentando estes procesos en foros de toda España, sen mencionar os inconvenientes: augas turbias, falta de transparencia, antelación ao estrés hídrico…


EMALCSA replica os seus erros cíclicamente e non aposta pola dixitalización das súas instalacións. A dixitalización do sector da auga baséase na utilización das novas tecnoloxías da información e a comunicación para optimizar a xestión, desde a captación de recursos hídricos ata os servizos ofrecidos ao cidadán. Unha ferramenta vital para afrontar os novos problemas. E o certo é que ante o estrés hídrico EMALCSA xera máis preguntas que respostas. 


Seguiremos informando...

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE