Aparece morta en Castroverde (Lugo) a muller que levaba dous días desaparecida
O equipo de procura para tratar de localizar á muller de 52 anos desaparecida desde este martes no municipio lucense de Castroverde atopouna morta esta mañá.
O corpo foi descuberto nunha zona con moita vexetación non lonxe do seu domicilio en Barredo, parroquia de Franceses de Abaixo.
Un vehículo do Concello durante os labores de procura da muller de Castroverde na que tamén axudaron veciños
En concreto, o cadáver apareceu en unha zona con "moito monte", ao redor dun quilómetro e medio de distancia da casa da desaparecida, cuxos familiares denunciaron a súa falta na noite do martes.
BASTANTE PRETO DA súa CASA
O alcalde de Castroverde, José María Arias, que participou nas batidas de onte e hoxe, confirmou a localización do cadáver.Os equipos de procura envorcáronse este xoves, sobre todo, no lugar de Barredo, que se sitúa na parroquia de Franceses de Abaixo, a pouco máis dun quilómetro da vivenda. Non fixo falta explorar máis aló, o cadáver atopábase "entre uns piñeiros e unhas silvas", precisou o alcalde, ao redor das nove e media da mañá. A muller estaba casada co tenente de alcalde do Concello da Pastoriza.
Escribe o teu comentario