Típicos do Entroido e para celiacos: El Corte Inglés ensínache como facer as mellores sobremesas de Carnaval
‘A cocinita de Fati’ celebrará sesións de ShowCooking no Corte Inglés da Coruña, o 23 de febreiro, e no de Santiago de Compostela, o 25 de febreiro.
‘La cocinita de Fati’ celebrará sesións de ShowCooking no Corte Inglés de A Coruña, o 23 de febreiro, e no de Santiago de Compostela, o 25 de febreiro.
Fátima Casanova ensinará a preparar as sobremesas típicas do Entroido, aptos para celiacos pero sen renunciar ao “sabor, textura e aparencia” que os caracteriza.
Orellas de Entroido | Foto: Turismo Compostela
Non sabes facer as sobremesas típicos do Entroido? Xa non hai escusas. El Corte Inglés ensínache como. Unha sesión de ShowCooking da man do Corte Inglés para aprender a facer orellas e rosquillas sen glute, aptas para celiacos e todos os padais golosos.
O taller de ‘La cocinita de Fati’, con Fátima Casanova aos fogóns, dará “os trucos para elaborar orellas e roquillas sen glute, co mesmo sabor, textura e aparencia que as tradicionais”.
O taller celebrarase o 23 de febreiro, ás 19 horas, no restaurante do Corte Inglés da rúa Ramón e Cajal da Coruña. Dous días despois, o 25 de febreiro e tamén ás 19 horas, chegará a quenda de Santiago de Compostela, onde tamén Fátima Casanova achegará esta doce experiencia.
O evento terá lugar no restaurante e cafetería do Corte Inglés Para acudir. Como as prazas son limitadas, os interesados poden inscribirse no Departamento de Pastelería do centro comercial herculino (no semisótano) e no Departamento de Enxoval do centro comercial compostelán (3ª planta), respectivamente.
Escribe o teu comentario