Costa Verde Express, novo tren turístico de luxo de Renfe entre Bilbao e Santiago de Compostela

Os trens turísticos de luxo de Renfe, O Transcantábrico Gran Luxo, o Tren Al Andalus, e o Expreso da Robla recuperarán a súa actividade tras a suspensión das viaxes previstas para as tempadas 2020 e 2021 debido á crise sanitaria.

|

As saídas do novo roteiro de 6 días e 5 noites empezan en maio e prolónganse ata outubro. Trátase dunha experiencia de luxo, pois os prezos dunha suite é duns 3.500 euros.


Suite de Luxo no folleto promocional do Costa Verde Express de Renfe

Suite de Luxo no folleto promocional do Costa Verde Express de Renfe 


Os trens turísticos de luxo de Renfe, O Transcantábrico Gran Luxo, o Tren Al Andalus, e o Expreso da Robla recuperarán a súa actividade tras a suspensión das viaxes previstas para as tempadas 2020 e 2021 debido á crise sanitaria.


Tal e como explica nun comunicado, en 2020 Renfe ofreceu aos seus clientes a posibilidade de obter un desconto do 5% sobre o PVP por cambiar as reservas xa realizadas para 2022.

Ademais dos trens turísticos de luxo, Renfe ten previsto volver programar trens de turismo temático que a compañía xestiona en colaboración con diversas institucións e entidades turísticas.

O Transcantábrico Gran Luxo manterá a súa proposta de viaxe entre San Sebastián e Santiago de Compostela a través da Cornixa Cantábrica.

Pola súa banda, o Tren Al Andalus, consolidado como un dos trens con maior arraigamento entre os turísticos de luxo do mundo, realizará o seu clásico itinerario andaluz; mentres que o Expreso da Robla ofrecerá dous roteiros relacionados co Camiño de Santiago.

Como novidade en 2022, Renfe comercializará un novo produto, o Costa Verde Express, que co Transcantábrico Gran Luxo e o Expreso de La Robla, realizará as súas viaxes polas vías de ancho métrico do norte peninsular.

As propostas de viaxe en calquera das saídas e itinerarios, tanto do Tren Al Andalus como do Transcantábrico Gran Luxo, as do Expreso de La Robla, e as do Costa Verde Express inclúen o aloxamento nunha confortable habitación, con cuarto de baño completo incluído, ademais dos desprazamentos que se fan en autobús e os guías para as excursións para as que se inclúen todas as visitas e entradas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE