Servizos de emerxencias tratan de atopar a unha muller desaparecia no Faro de Mera, Oleiros

Salvamento Marítimo e Garda Civil coordinan o operativo de procura dunha muller desaparecida nos arredores do Faro de Mera, no concello de Oleiros, onde se despregaron dous helicópteros (por quendas) e varias embarcacións, así como vehículos para o rastrexo terrestre.

|

A embarcación de Salvamento Marítimo Salvamar Betelgeuse rastrexou as augas próximas a a Torre de Hércules na Coruña. En  Mera continúa o Helimer Helicóptero e outros equipos de emerxencia.


Dispositivo de procura nos arredores do Faro de Mera (Oleiros)

Salvamento Marítimo e Garda Civil coordinan o operativo de procura dunha muller desaparecida nos arredores do Faro de Mera, no concello de Oleiros, onde se despregaron dous helicópteros (por quendas) e varias embarcacións, así como vehículos para o rastrexo terrestre.

Segundo informou Salvamento Marítimo a Europa Press, participan na procura o helicóptero Helimer 401 e o Pesca 2 de Gardacostas de Galicia, que se turnan nos rastreos; así como a embarcación Salvamar Betelgeuse e outro barco da Cruz Vermella.

Por terra tamén se despregaron medios para a procura, nos que participan ademais o Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local, segundo confirmou o Concello de Oleiros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE