O'MEGA denuncia a "persecución" do SERGAS contra Nercellas, a médica que sacou dous pacientes do corredor de urxencias
Finalmente, os cargos reducíronse e o SERGAS só acúsaa de trasladar aos pacientes, saltándose protocolos. O'MEGA ve o expediente como unha intimidación contra os sanitarios de denuncian carencias. Ademais, defende o deber dos médicos de tomar decisións en situacións urxentes fronte a un SERGAS que busca "prohibir dereitos xa consolidados da liberdade do profesional médico sobre actuación en situacións que requiran unha rápida acción e que supoñan antepoñer o beneficio do paciente a 'normativas internas' alleas a o acto sanitario fundamental".O instrutor do caso solicitou á Xunta que sancione a Nercellas con 17 días sen emprego e soldo. A Secretaría Técnica de Sanidade é quen tería que confirmar a sanción para que sexa efectiva. "Neste caso parece esquecerse que en pouco tempo houbo dous casos de mortes de pacientes situados en corredor" lémbralle ao central a conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.
Fátima Nercellas
O sindicato O'MEGA (Médicos de Galicia Independentes) quere entregarlle ao SERGAS as firmas en favor de Fátima Nercellas. A doutora enfróntase a un expediente da Xunta por sacar do corredor de urxencias a dous pacientes graves.
A central enviou ao conselleiro de Sanidade unha carta solicitando unha reunión entregar os apoios. Di que a entregou o luns, sen recibir resposta por agora.
O'MEGA indica á Xunta que "a persecución sancionadora supuxo un gran balbordo social, tanto entre facultativos, como entre os pacientes e usuarios do servizo de Urxencias do CHUS".
APOIOS
Por agora, máis de 5.200 persoas asinaron unha carta solidaria coa urgencista en Change.org. Nercellas tamén recibiu o apoio da xunta de persoal do hospital de Santiago e dos seus compañeiros do servizo de urxencias.
O sindicato lembra que, inicialmente, a Xunta pretendía sancioar ao seu representante polas súas declaracións denunciando falta de medios. Finalmente, os cargos reducíronse e o SERGAS só acúsaa de trasladar aos pacientes, saltándose protocolos.
O'MEGA ve o expediente como unha intimidación contra os sanitarios de denuncian carencias. Ademais, defende o deber dos médicos de tomar decisións en situacións urxentes fronte a un SERGAS que busca "prohibir dereitos xa consolidados de a liberdade do profesional médico sobre actuación en situacións que requiran unha rápida acción e que supoñan antepoñer o beneficio do paciente a 'normativas internas' alleas a o acto sanitario fundamental".
O instrutor do caso solicitou á Xunta que sancione a Nercellas con 17 días sen emprego e soldo. A Secretaría Técnica de Sanidade é quen tería que confirmar a sanción para que sexa efectiva.
"Neste caso parece esquecerse que en pouco tempo houbo dous casos de mortes de pacientes situados en corredor" lémbralle a central a o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña. Asunto que supuxo no seu día que varios cargos do SERGAS tivesen que declarar ante a Xustiza, que non atopou responsabilidades penais.
Escribe o teu comentario