Covid Galicia: preocupante parón da caída da incidencia semanal aínda que os casos seguen á baixa

Con todo, mentres a incidencia bisemanal siga á baixa, podemos estar relativamente tranquilo que o que sufrimos non é unha nova onda, simplemente que o descenso da actual é tan lento que hai días en que os indicadores semanais rebotan.


|

X0WKH  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (2)




Os 7.007  novos casos abertos comunicados hoxe é a peor cifra nos últimos 9 días. Isto contribúe a que a incidencia semanal creza por segundo día consecutivo. Outra advertencai de que, aínda que alcanzásemos o pico, a melloría será moi lenta, máis lenta aínda ao aliviarse as restricións. Nos quedan por diante semanas, ou meses mesmo, de altísimos niveis de contagios.


Con máis de 8.000 altas nun só día, os casos activos seguen á baixa por quinto día seguido. O esperable é que este descenso non se deteña.


Baixan hoxe tamén os hospitalizados en planta, aínda que a tendencia xeral segue sendo á alza e non de estabilidade como apunta a Xunta. Son 581 os encamados, 32 máis que o pasado martes.




 

incidencia acumulada semanal  sobe catorce puntos ata 1.460,49  positivos por cada 100.000 galegos á semana. De acordo a o novo semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto.  Esta serie tocou teito fai oito días e empezou a baixar ata o rebote experimentado hoxe e onte. 





incidencia acumulada a 14 días afortunadamente aguanta á baixa. caendo hoxe 30 puntos ata 3.156,25.  É moi importante que este indicador non deixe de baixar, como leva facendo xa tres días seguidos. Como é moi pouco susceptible de cambios de rumbo ao ser produto de datos de dúas semanas, se segue baixando podemos estar seguro que o repunte da incidencia semanal é algo puntual, non preocupante. En todo caso, continuamos en risco moi alto, o peor posible, no sémaforo no referido a este índice.


O dobre da incidencia a 7 días  é algo menor que a incidencia a 14 días. Sabemos pois que na última semana houbo menos positivos que na penúltima.  Cantos positivos menos ? A razón de taxas é de 0,93 ,  por tanto na última semana houbo un  7% de positivos menos que na penúltima. 


Este índice, a razón de taxas, é unha especie de velocímetro dos diagnósticos. Agora mesmo estanos dicindo que están a frear, aínda que esa freada perde forza nos últimos días. Chegamos a alcanzar unha caída semanal do 12% hai dous días e levamos xa dúas xornadas seguidas onde a deceleración é menor. Por agora son só dous días, pero hai que estar atentos porque non estamos lonxe de volver entrar nunha fase expansiva.


A taxa de positividade onte foi de o  18% . A media semanal deste índice segue en risco moi alto. Leva máis dunha semana practicamente estancada, en torno ao 20%.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -2,2% .  Isto contribúe a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, caendo   de  -1,6% % a  -2,2%. 





Os casos activos non só están a caer desde unha perspectiva diaria. Hai tres días que tamén tenden á baixa desde unha perspectiva semanal. 


Ademais, cada día que pasa a redución é un pouco maior, se analizamos a media semanal. Agora ben, este optimista escenario ten unha sombra. A redución de casos activos débese sobre todo ás moitísimas altas, por encima de 8.000 ao día. O ritmo de contagios segue sendo altísimo.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de -1.509   . O total é de  casos activos é de  65.841  , uns 12.000 menos que hai unha semana, cando tocamos teito. 



DATOS POR ÁREAS

Vigo (1.895) e  A Coruña (1.478) son outra vez os distritos que máis novos casos comunican hoxe. Son tamén os que máis presión hospitalaria soportan. 


A situación en UCI segue estable. De feito hoxe baixamos dos 50 enfermos críticos en Galicia e só A Coruña ten máis de dez. Desgraciadamente, isto débese en parte ao continúo goteo de mortes, con catro novos decesos hoxe. No último mes cada día están a morrer uns 5 galegos con covid cada día.




Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


ANÁLISE

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A onda poida que alcanzase o seu pico de contagios hai uns días, pero os niveis de transmisión seguen sendo altísimos. As advertencias da OMS de que a metade dos europeos pódense contaxiar de Ómicron este inverno non son infundadas.
  • Existe o risco de que entremos nunha fase expansiva? O feito de que a incidencia semanal repunte durante dous días seguidos así o indica. Con todo, mentres a incidencia bisemanal siga á baixa, podemos estar relativamente tranquilos de que o que soportamos non é unha nova onda, simplemente que o descenso da actual é tan lenta que hai días en que os indicadores semanais rebotan.
  • A presión nos hospitais non tocou teito aínda. Con todo, o aumento das hospitalizacións é cada vez menos veloz. O previsible é que toquen teito esta semana. Non hai risco de colapso nin de UCIs nin de plantas de hospital.
  • A que si está colapsada é a atención primaria en moitos centros de saúde. Colapso que pode prologarse meses ou semanas, pois o previsible é que Galicia siga capeando altísimos niveis de contagios durante bastante tempo.
  • O presidente xa anunciou onte un alivio das poucas restricións vixentes. Aínda que non hai perigo de colapso nos hospitais, o levantamento das restricións provocará un descenso aínda máis lento desta onda, contribuíndo a miles de novos contagios e á agonía da atención primaria.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE