(VÍDEO) Os Hispanos pasan a semifinais grazas a un glorioso Rodrigo Currais

O porteiro da selección española foi fundamental para o pase dos 'Hispanos' ás semis do Europeo.



|

O porteiro da selección española foi fundamental para o pase dos 'Hispanos' ás semis do Europeo.


Rodrigo currais

Rodrigo Currais | Foto: EP


Como España é un país de refraneiro, a selección de balonmán decidiu probar aquilo de que non hai dous sen tres. España, que defende o título Europeo tras dúas conquistas consecutivas en 2018 e 2020, plantouse en semifinais do Europeo de Hungría e Eslovaquia grazas a unha actuación sobervia de Rodrigo Currais, capital para a vitoria ante Polonia por 28-27.


O cangués, decisivo como sempre, fíxose grande nos minutos finais para defender o apertado marcador que daba a España o pase a semis sen depender do que ocorrese no Suecia-Noruega. Con dúas paradas no último suspiro, o galego levantou aos de Jordi Ribeira, que agora esperan rival para loitar polo ouro. 



É moi posible que se midan a Dinamarca, campioa mundial, por un posto na final do domingo. Agora, Currais competirá, como leva facendo toda a vida, pola titularidade con Pérez de Vargas, o seu eterno compañeiro de fatigas. O porteiro do Veszprém, nunha forma envexable, espera repetir os éxitos das anteriores citas continentais e engadir un novo ouro ao seu pescozo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE