​Dous operarios graves con queimaduras de segundo grao na Coruña tras unha forte explosión nunhas obras

Dous operarios resultaron feridos tras unha explosión causada por un curtocircuíto cando estaban a traballar nunha subestación subterránea e realizaban traballos de electricidade.



|

O suceso debeuse, presuntamente, a un curtocircuíto durante uns labores nunha subestación subterránea.


Os dous presentan queimaduras de segundo grao na cara, teñen feridas graves, pero atópanse hemodinámicamente estables.


Camión de bombeiros

Bombeiros | Foto: EP


Dous operarios resultaron feridos tras unha explosión causada por un curtocircuíto cando estaban a traballar nunha subestación subterránea e realizaban traballos de electricidade.


Os dous presentan queimaduras de segundo grao na cara, teñen feridas graves, pero atópanse hemodinámicamente estables, segundo fontes do hospital universitario da Coruña ao que foron trasladados. Atópanse ingresados na Unidade de Queimados.


O suceso produciuse pouco antes das 10,30 horas, momento no que persoal da empresa daba aviso ao 112 do sucedido en cálea Arquitecto Rey Pedreira con Juan González Rodríguez, na zona de Peruleiro.

Desde o 112, deuse avisou ao 061, á Policía Naiconal e á Local, así como a Protección Civil e os Bombeiros, que non chegaron a acudir ao lugar dos feitos. Ao tratarse dun accidente laboral, do caso fíxose cargo a Policía Nacional.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE