Escolares de Lugo quedan sen o acceso aos test de antígenos gratuítos, denuncian ANPAS lucenses​

A presidenta de Fapacel, as asociacións de pais e nais da provincia de Lugo, Isabel Calvete, denunciou que recibiron "queixas" porque "non" hai suficientes tests de antígenos para alumnos "nas farmacias adheridas ao programa da Xunta", e que son gratuítos.



|

Con máis de 13.000 afectados notificados onte na volta ás clases, a comunidade educativa conta co índice de contagios máis alto xamais rexistrado en Galicia desde o estalido da pandemia. 


Desde Lugo as ANPAS denuncian recibir "queixas" sobre o acceso aos test gratiuidos: "Soamente teñen quince tests diarios para repartir nesas farmacias e teñen algún problema".


Antigenos

Test de antígenos | Foto: EP


A presidenta de Fapacel, as asociacións de pais e nais da provincia de Lugo, Isabel Calvete, denunciou que recibiron "queixas" porque "non" hai suficientes tests de antígenos para alumnos "nas farmacias adheridas ao programa da Xunta", e que son gratuítos.


En canto ao reinicio do curso escolar na provincia, tras as festas de Nadal, Calvete sinalou que lles está "chegando información a contagotas, de ANPAS que constatan que están a faltar profesores e tamén alumnos".


Con todo puntualiza que "non son moitos" os casos de contaxiados por Covid entre o persoal académico e o alumnado, á vez que lembrou "o compromiso da Xunta é cubrir as baixas en 48 horas". "Temos que esperar a ver se entre hoxe e mañá están a cubrirse esas baixas coa celeridade prometida", ha afimado.


En canto a contagios de "nenos", destacou que lles consta casos no "IES de Monterroso e no CPI de Cervantes, e tamén nalgún outro centro da montaña de Lugo".


Calvete puntualizou que "non son moitos" os casos, e en canto a profesores "son un ou dous" os contaxiados, nalgún dos centros escolares da provincia de Lugo.


A presidenta de Fapacel denunciou que lles chegaron "queixas de que non había bastantes tests de antígenos nas farmacia adheridas ao programa da Xunta, das probas gratuítas para os nenos". "Soamente teñen quince tests diarios para repartir nesas farmacias e teñen algún problema", apuntou finalmente.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE