​David Goldar, o central galego convertido no goleador inesperado de Eivissa

O defensa de Portas é unha das pezas inamovibles dos insulars, tanto polo seu bo facer en defensa como polos seus goles.


|

O defensa de Portas é unha das pezas inamovibles dos insulars, tanto polo seu bo facer en defensa como polos seus goles.


GOLDAR

David Goldar xunto aos seus compañeiros | Foto: VDE Eivissa


Custou máis do esperado, pero David Goldar parece derrubar por fin as portas do profesionalismo. Parte do 'Panda Team', unha das fornadas máis existosas xamais saída de A Madroa, o canteirán do Celta de Vigo fíxose un nome en Segunda División coas cores celestes, pero non os do club que o viu crecer, senón os da VDE Eivissa, coa que vive un ano histórico.


Goldar non logrou facerse un sitio no Celta, polo que pronto fixo as maletas para dar algúns tumbos en Segunda B, onde vestiu as camisetas de Pontevedra, Ponferradina, Cornellá ou Gimnástic de Tarragona. Aos poucos foise facendo un nome e un proxecto ambicioso como o do Eivissa chamou á súa porta, buscando a un líder na zaga.


Nun ano estraño como o da pandemia, cunha estrutura da competición reducida, Goldar encargouse de capitanear a defensa ibicenca, logrando o obxectivo de ascender a Segunda División derrotando ao UCAM Murcia na promoción de ascenso e eliminando mesmo ao seu Celta en Copa do Rey.


DECISIVO NAS DÚAS ÁREAS

17 porterías a cero en 28 partidos -Goldar só perdeuse un, e por sanción- foi o balance defensivo dos baleares, catapultados por un gran Goldar, que fixo catro goles. Xa en Segunda o equipo foi de máis a menos, e agora, cun cambio de adestrador, en Eivissa esperan cambiar a dinámica da man de Paco Jémez.


Jémez non fixo grandes cambios, de momento, pero mantén a Goldar como un fixo do esquema dos insulares. Goldar respondeu á confianza da mellor maneira posible, cun gol, o que abriu a lata, na vitoria ante o Fuenlabrada, deixando atrás un refacho de seis partidos sen gañar. O seu tanto é o terceiro no que vai de campaña e déixao como o segundo goleador do equipo, só por detrás de Sergio Castel.


Co triunfo o Eivissa afástase da zona baixa, 8 puntos por encima do Amorebieta que ocupa o descenso. Goldar aínda ten moito traballo que facer en Can Misses, pero por agora o seu traballo é irreprochable. Decisivo nas dúas áreas. Algo difícil para un central. Que máis se lle pode pedir?



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE