O Obra notifica un novo positivo por Covid, o terceiro, a cinco días do derbi ante o Breo
O Monbus Obradoiro notificou este mércores un positivo por covid-19 entre o seu persoal, confirmado tras as probas PCR realizadas ao equipo.
O conxunto compostelán confirmou un caso positivo no seu persoal, que mañá tería que medirse a Manresa nun partido que xa foi aprazado.
Obraodorio Basket | Foto: Obradoiro
O Monbus Obradoiro notificou este mércores un positivo por covid-19 entre o seu persoal, confirmado tras as probas PCR realizadas ao equipo.
Segundo informou o propio conxunto compostelán, o xogador atópase con síntomas, illado no seu domicilio e seguindo o protocolo sanitario.
"Unha vez confirmado este positivo, tal e como marca o protocolo, foi comunicado ás autoridades sanitarias e á ACB. O resto do persoal deu negativo, polo que continúa coa actividade deportiva", explicaron.
Indicaron ademais que, nos próximos días, o equipo volverá someter a novas probas.
Escribe o teu comentario