Alerta laranxa por ondada e vento no litoral galego, pero a borrasca abandonará a comunidade este martes
As alertas activadas por Meteogalicia por ondada e fortes refachos de vento, que afectarán a toda a costa galega, prolongaranse polo menos ata o mediodía deste martes, 28 de decembro.
Galicia vive este martes unha xornada marcada pola inestabilidade, na que a choiva e o vento serán as protagonistas nas primeiras horas do día.
Con todo, o paso das horas dará paso a unha situación moito máis estable, que se prolongará ao longo de toda a semana.
Foto: EP
As alertas activadas por Meteogalicia por ondada e fortes refachos de vento, que afectarán a toda a costa galega, prolongaranse polo menos ata o mediodía deste martes, 28 de decembro.
En concreto, no que respecta ao mar, espéranse ondas superiores aos 5 metros de altura que obrigarán a activar o aviso de nivel laranxa no litoral da Coruña (entre a medianoite e as 12,00 do mediodía) e de Pontevedra (ata as 9,00 da mañá).
O resto da xornada, nestas dúas provincias estará vixente a alerta amarela por ondas de máis de 4 metros, igual que na Mariña (Lugo), onde con todo esta situación adversa concluirá ás 9,00 horas.
En canto aos ventos, no mar do noroeste da Coruña e na Costa da Morte haberá un aviso de nivel amarelo por refachos que chegarán do suroeste con forza 7 ata as 15,00 horas.
Xa en terra, os refachos superarán os 80 quilómetros por hora na comarca lucense da Mariña, que tamén permanecerá en alerta amarela ata o mediodía.
Escribe o teu comentario