​Viaqua abre o prazo para participar na VIII Edición do seu Concurso Literario 'Relatos de Auga Intelixente'

Os alumnos de ESO e Bacharelato de entre 12 e 17 anos poderán participar no concurso literario de Viaqua naquelas localidades nas que opere a compañía.


|

Os alumnos de ESO e Bacharelato de entre 12 e 17 anos poderán participar no concurso literario de Viaqua naquelas localidades nas que opera a compañía.


A compañía premiará aos gañadores con ebooks ou tablets, ademais dun recoñecemento especial ao centro con máis participantes.


Auga

A auga volverá ser o tema central do certame | Foto: EP 


Como cada ano, Viaqua volve celebrar unha nova edición da súa Concurso Literario, enfocado a descubrir e acender o talento dos estudantes galegos de ESO e Bacharelato. Nesta VIII Edición do certame, Viaqua trata de concienciar aos máis novos sobre o consumo responsable da auga, un recurso tan valioso como fráxil.


Cos 'Relatos de Auga intelixente', Viaqua diríxese aos galegos e galegas de entre 12 e 17 anos que cursen os seus estudos nalgún d eles municipios nos que opera a compañía. Estes son Arzúa, Santiago de Compostela, Santa Comba, Rianxo, Betanzos, O Carballiño, Cedeira, Pontevedra, Bergondo, Ourense, Neda, Ribeira, Chantada, Pobra do Caramiñal, Pontecesures, As Pontes, Fene, Cambados, Coles, Sada, Valdoviño, Celanova, Barbadás, Toén, Pontedeume, Pereiro de Aguiar, Laracha, Baños de Molgas, Cabanas, Soutomaior, Val do Dubra, Ribadeo, Oroso, Rois, O Pino, Ortigueira, Viveiro, Tordoia, Laxe, Dodro, Ponteareas, Vedra, Vilaboa, Xinzo de Lima, Poio, Viana do Bolo e A Estrada.


Aberto o prazo desta nova edición, á que se poderá enviar os escritos ao correo certamenviaqua@gmail.com ata o 11 de febreiro de 2022, a temática versará sobre o consumo responsable da auga, recurso “finito e imprescindible” para a vida. “Viaqua busca concienciar aos máis novos, a través da creatividade e a arte”, subliña no seu comunicado.


O formato do concurso dispón de dúas modalidades: relato curto clásico ou relato curto creativo, “onde poderán enviar relatos curtos en formato poesía, cómic, fotografía e texto”. Como máximo, o texto deberá conter 200 palabras, e os gañadores recibirán premios como trablets, ebooks ou tabletas gráficas, ademais de recoñecer “ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre”.   


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE