18 médicos positivos por Covid tras unha cea na área sanitaria de Santiago-Barbanza

Se onte eran 11 os positivos, hoxe son 7 máis.O SERGAS indica que o brote está "vinculado á celebración dunha cea o 7 de decembro á que asistiron unhas 120 persoas".


|

A EOXI de Santiago - O Barbanza acaba de confirmar o empeoramento do foco de coronavirus entre os seus médicos residentes, os licenciados que fan prácticas. Se onte eran 11 os positivos, hoxe son 7 máis.


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita a área de Farmacia do Hospital Clínico de Santiago de Compostela en compañía da xerente da área Sanitaria, Eloína Núñez.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a xerente da área Sanitaria, Eloína Núñez, nunha foto de arquivo. 


300 PCRs E 18 POSITIVOS POR AGORA

O SERGAS indica que o brote está "vinculado á celebración dunha cea o 7 de decembro á que asistiron unhas 120 persoas". Ao coñecer os primeiros positivos, a Xerencia que comanda Eloína Núñez ordenou "un cribado específico para todo o grupo de Residente de Medicina Interna da área de Saúde de Santiago de Compostela, ao que se citou a 300 residentes". 


Núñez lanza unha dura advertencia aos galenos. "Este evento que contravén as directrices marcadAs polo Servizo de Medicina Preventiva, enviadAs previamente a toda a institución e que recomendaban que non se realizasen tales actividades", sinala.


A Xerente indica "nin a dirección da área de saúde nin o coordinador docente" recibiron aviso previo da polémica cea. Con todo, hai que valorar tamén que, de acordo ás normas que dita a propia Xunta, non é ilegal realizar ceas con centos de asistentes.


O brote entre os sanitarios é unha pésima noticia nun momento, ademais, no que a sexta onda está a empezar a acelerar no distrito. En pouco máis de dous días, os casos activos en Santiago - O Barbanza creceron en máis de 250, cifra que non se explica só por este brote entre médicos MIR.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE