Brote de covid en Aspnais de Lugo pero a terceira dose continúa reducindo casos en residencias de Galicia
Descenden a 29 os maiores de residencias con Covid, concentrados en 14 instalacións
Mientras a sociedade no seu conxunto sofre unha gran alza de casos, as residencias hai tempo que tenden á baixa. A tecera inxección da vacina do coronavirus, que teñen todos os residentes, é o factor que marca a diferenza.
Aspanais Lugo nunha imaxe da súa web
Segundo os datos actualizados semanalmente este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade --a semana pasada facilitáronos o xoves ao ser festivo o día 8--, detectáronse 28 contagios na residencia de discapacidade C.R.A. Aspnais de Lugo e un na Asdeme de Chantada.
Pola súa banda, descenden de 18 a seis os usuarios contaxiados por Covid-19 na Residencia Coral Seoane de Ferrol. Todo iso, eleva a 35 os contaxiados en residencias de discapacidade, fronte aos 18 nun único centro da semana anterior, o que supón 17 infeccións máis.
BROTE EN ASPNAIS DE LUGO
Sobre o brote nesa residencia de discapacidade de Lugo, o xerente desa área sanitaria, Ramón Ares, considérao "estabilizado". Concretou que se detectou "desde hai dous días, un brote nese colectivo e se cribaron aos usuarios, como tamén aos traballadores". "Tiñamos sobre 20 casos confirmados, todos asintomáticos", abundou.O xerente da área sanitaria puntualizou que "hai persoas que viven na residencia en réxime de internamento e outros que fan alí traballos, nos que están internados, que foi onde se detectou inicialmente, mandouse un equipo asistencial para atender a todos os infectados".
Ademais, indicou que "a situación é estable" con respecto ao brote de Aspnais, "todos están asintomáticos". "E xa fixemos un primeiro cribado e faltaba por cribar unha parte pequena da xente que acudía aos talleres, e estamos pendentes de confirmar, pero de momento está todo estabilizado e sen ningún problema", explicou.
40% DE INGRESADOS EN UCI SEN VACINAR
Por outra banda sobre a súa área sanitaria, concretou que dos cinco pacientes ingresados na UCI por Covid "dúas están sen vacinar e os outros tres si que recibiron a vacina na súa pauta completa".Isto implica que o 60% dos pacientes críticos si ten todas as vacinas. Agora ben, hai que lembrar que a porcentaxe de vacinados supera o 90% da poboación non infantil. Demóstrase, outra vez, a moi boa eficacia das vacinas para reducir os casos graves.
Ramón Ares lembrou que este xoves farase un cribado "voluntario" no municipio de Chantada, dado que a maioría dos casos en Lugo concéntranse na "zona sur da provincia".
RESIDENCIAS DE MAIORES
Sobre os datos actualizados nas residencias de maiores en Galicia, que descenden a 29 en 14 centros, a Xunta concreta que hai cinco casos na Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo; outros cinco na San José de Arzúa ; redúcense a tres os contagios na DomusVi Barbadás --a semana pasada había 10--; e detectáronse tres no Fogar R. Carballeda 1.
Pola súa banda, detectáronse dous casos en maiores do Fogar R. Carballeda 2; dous na Residencia Pontevedra de Vilaboa; e dous na Residencia Pai Rubinos da Coruña, aos que se engade un caso na Residencia de Birlo.
Mentres, mantéñense cun caso as residencias Santo Estebo Perlío, a San José Otero de Santiago, Residencia As Doures de Lalín, A nosa Señora Saúde da Peroxa, Residencia Esgos e Vivenda Comunitaria A Túa Outra Casa de Sarreaus.
Escribe o teu comentario