FTSP-USO anuncia multa á galega Alcor por ausencia de vixiantes de seguridade en oficinas do SEPE en Madrid
A Federación de Traballadores da Seguridade Privada da USO (FTSP-USO) presentou unha denuncia polas supostas infraccións de Alcor nas oficinas da SEPE na Comunidad de Madrid.De acordo á súa versión, que a empresa non rebateu publicamente ata o de agora, o sancionable ocorreu en xullo de 2021 e agosto de 2021, con moitos servizos descubertos, pois a oficina carecía dos servizos de seguridade privada especificados no contrato entre as dúas entidades.
A delegación do goberno de Madrid vai sancionar as" irregularidades" de Alcor algúns servizos que presta a o SEPE, indica o sindicato USO sobre a empresa de vixiantes de seguridade con base en Monforte, Lugo.
A Federación de Traballadores da Seguridade Privada da USO (FTSP-USO) presentou unha denuncia polas supostas infraccións de Alcor nas oficinas da SEPE na Comunidad de Madrid.
De acordo á súa versión, que a empresa non rebateu publicamente ata o de agora, o sancionable ocorreu en xullo de 2021 e agosto de 2021, con moitos servizos descubertos, pois a oficina carecía dos servizos de seguridade privada especificados no contrato entre as dúas entidades.
Basilio Alberto Febles, secretario de FTSP-USO, salientou as dificultades de Alcor para contratar persoal de seguridade para cubrir estes postos porque os salarios de Alcor, que non está subscrita ao convenio sectorial senón a un propio ide empresa, para os traballadores contratados son máis baixos que os salarios do persoal de seguridade subrogado.
Escribe o teu comentario