Covid por concellos: Ourense parece alcanzar o seu pico de casos activos cun gran descenso hoxe

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a evolución da cidade de Ourense comeza a dar síntomas de chegar ao seu tope, tendo en conta que no últimos seis días só rexistrou un repunte. Esta xornada, sen ir máis lonxe, lanza unha variación de -41 casos, a maior da comunidade.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a evolución da cidade de Ourense comeza a dar síntomas de chegar ao seu tope, tendo en conta que no últimos seis días só rexistrou un repunte. Esta xornada, sen ir máis lonxe, lanza unha variación de -41 casos, a maior da comunidade.


Vilagarcía de Arousa, Marín e O Porriño tamén ofrecen grandes descensos, pero no lado contrario aínda atopamos á cidade de Vigo, que hoxe crece cun +70. A cidade olívica si parece lonxe do seu pico e a alta mobilidade que está a rexistrar a área viguesa por estas datas parece indicar que aínda seguirá crecendo, co Nadal ao virar a esquina. 



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de ;o que quere dicir que na última semana houbo un % máis de positivos que na penúltima. 


Razón de taxas nas sete cidades galegas:



  • Pontevedra 1,20
  • Lugo 1,17
  • Vigo 1,16
  • A Coruña 1,12
  • Santiago de Compostela 1,09
  • Ferrol 1,05
  • Ourense 0,99


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe cinco casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vigo +70
  • A Coruña +29
  • Lugo +25
  • Santiago de Compoostela +16
  • Redondela +15
  • Culleredo +10
  • Oleiros +10
  • A Loura +10
  • Ponteareas +10
  • Moaña +9
  • Carballo +8
  • Narón +8
  • Pontevedra +7
  • Ares  +6
  • Poio +6
  • Tomiño +5
  • Ferrol +1 


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana  baixa hoxe respecto a ese total onte: 



  • Ourense -41
  • Vilagarcía de Arousa -15
  • Marín -14
  • O Porriño -12
  • Barbadás -9
  • Arteixo -5
  • A Guarda -5
  • O Saviñao -4
  • San Cibrao das Viñas -4
  • Caldas de Reis -4
  • Baños de Molgas -3
  • Xinzo de Limia -3
  • Mos -3
  • Vilanova de Arousa -3
  • Coristanco -2
  • As Pontes de García Rodríguez -2
  • Chantada -2
  • Vilalba -2
  • Pereiro de Aguiar -2
  • Vilamarín -2
  • Ponche-Caldelas -2
  • Soutomaior -2
  • Folgoso do Courel -1
  • O Carballiño -1
  • Celanova -1
  • Maside -1
  • Oia -1


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos de Covid-19 aumentan en Galicia e sitúanse en 12.692, que representan 471 máis que a xornada anterior ao haber máis contagios (873) que altas (395), ao que se engaden sete falecementos. O martes da semana pasada as infeccións situáronse a 9.028.

As infeccións activas aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+173), seguida da de Pontevedra e O Salnés (+70), A Coruña e Cee (+58), Lugo (+53), Ourense e Santiago-Barbanza (+46 cada unha) e á cola Ferrol (+25).

Por tanto, con máis casos activos mantense a área de Vigo, con 4.058; seguida da de Ourense, con 2.754; Pontevedra e O Salnés, con 1.928; A Coruña e Cee, con 1.777; e por baixo do milleiro están as de Santiago e Barbanza, con 872; Lugo, con 802; e á cola segue a de Ferrol, con 501.

Segundo os último datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde deste pasado luns, 13 de decembro, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 444,92 casos por 100.000 habitantes, polo que segue a incidencia por encima da media de España, que está en 381,26. 



POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Os casos activos de Covid-19 seguen en aumento en Galicia e sitúanse en 12.692 --que supoñen 471 máis que no inicio desta semana--, tras descender lixeiramente os novos contagios a 873 --case 200 menos que este luns--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 293 --un máis--. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa lixeiramente ao 10,79 por cento na Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, aumentan a 52 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --tres máis-- e descenden a 241 as hospitalizadas noutras unidades --dúas menos--, mentres que 12.399 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria aumenta en catro das sete áreas sanitarias: Vigo, Santiago-Barbanza, Lugo e Pontevedra-Salnés; alíviase lixeiramente nas de Ourense e Ferrol; e mantense sen cambios na da Coruña-Cee.

En concreto, na área de Vigo aumentan a 24 os pacientes Covid en UCI --catro máis-- e descenden a 84 os hospitalizados noutras unidades --seis menos--; e na de Pontevedra e O Salnés soben a sete o críticos --un máis-- e a 40 os ingresados noutras unidades --tres máis--.

Polo seu lado, na área de Santiago e Barbanza seguen cinco pacientes Covid en UCI e aumentan a 15 os hospitalizados noutras unidades --dúas máis--; mentres que a de Lugo mantense con cinco en críticos e conta con 12 en planta --uno máis--.

Por contra, na de Ferrol continúan dous ingresados por este coronavirus en UCI, pero descenden a 10 os hospitalizados noutras unidades --tres menos--; e na de Ourense baixan a cinco os críticos --dous menos--, pero soben a 56 os doutras unidades --uno máis--.

E a única das sete que se mantén sen cambios é a área da Coruña e Cee, con catro pacientes Covid ingresados en UCI e 24 hospitalizados noutras unidades. 


ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (9)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE