Galicia confirma xa unha ducia de casos da variante ómicron ao sumar outros tres na área de Vigo​

Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, tras confirmarse tres novos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os xornalistas na visita ao centro de saúde de Vos Mallos.



|

O avance de casos de Covid-19 vinculados á coñecida como cepa surafricana é cada vez máis notorio na comunidade, ao confirmar o SERGAS tres novos casos que elevan a doce a cifra de afectados. 


"Hai que lanzar unha mensaxe de preocupación co desenvolvemento desta variante de maneira rápida", afirma o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. 


Arquivo - O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fuentes Losada, e o xerente do Sergas, José Flores Arias, informa en roda de pr

Julio García Comesaña | Foto: EP


Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, tras confirmarse tres novos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os xornalistas na visita ao centro de saúde de Vos Mallos.

Estes tres novos positivos súmanse aos nove confirmados nas últimas horas, deles seis na área sanitaria da Coruña e Cee e outros tres tamén na de Vigo.

Os dous primeiros casos desta cepa -- uno deles, dunha persoa que viaxara a África-- foron anunciados o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"A variante avanza", recoñeceu o conselleiro, quen, por iso, considerou que hya que estar "máis atentos". "Hai que lanzar unha mensaxe de preocupación co desenvolvemento desta variante de maneira rápida", admitiu, apelando, para reducir contagios, á responsabilidade individual.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE