Este mércores clausurábase o Congreso dos socialistas galegos que ,despois das primarias na que gañaba Valentín González Formoso, alcalde de Pontes de García Rodriguez e presidente da Deputación da Coruña, confirmábase nas votacións dos delgados – un 81,47%- que ía ser o novo líder do PSdeG-PSOE. Non quixo deixar feridas abertas, aínda que sempre as hai, e tentou contentar ás diversas familias que compoñen o partido. Para iso, na súa vontade de integración, incorporou na súa executiva a 12 persoas que non o apoiaron e a algúns que avalaron a Gonzalo Caballero.
Valentín González Formoso forxouse no municipalismo, canteira importante do socialismo español. O seu labor como bo xestor viuse reflectida nos comicios municipais do 2011 e 2015 onde revalidou por amplas maiorías absolutas os seus resultados. A ese traballo municipal hai que sumarlle o seu traballo á fronte da institución supramunicipal, que é a Deputación, onde coñeceu de primeira man a realidade dos municipios, os seus problemas, e colaborou con eles en mellorar o seu territorio, así como a vida dos seus cidadáns. Un traballo que veu realizando con discreción e eficacia que soubo liderar a inquietude dos edís da provincia. A canteira municipalista sen dúbida é unha escola de aprendizaxe rápida e profunda da realidade rural, as grandes cidades e os municipios costeiros coas súas dúas realidades: o turismo e a pesca.
Na trastienda que envolve sempre a calquera congreso - este non foi a excepción- púidose comprobar como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que en todo o proceso de primarias pronunciouse como “neutral”, ao final colocou a unha das súas persoas de confianza e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, como presidenta do PSdeG, un nomeamento que non pasou desapercibido
Unha das persoas- non foi a única- que estivo aí presente, na sombra, pero empuxando cara adiante a Valentín, foi José Ramón Gómez Besteiro exsecretario xeral do PSdeG e expresidente da Deputación de Lugo ata que o ex xuíz estrela do xulgado de instrución número uno de Lugo, Pilar de Lara, decidiu que debía investigar se a Deputación que presidia Besteiro xestionáronse fondos de maneira irregular. O que significou a renuncia a todos os seus cargos e a frustración dunha carreira política que ata esa data era imparable. Algúns chegaron a dicir que era un candidato ideal para a Xunta de Galicia. Pero a Xuíz Lara, que se cría intocable, truncoulle as súas aspiracións como a outros moitos que logo foron absoltos, pero o dano xa estaba feito, Ao final a xuíza foi destinada a outro lugar “polos seus méritos” en Lugo.
Besteiro e Formoso, a máis diso compartir socialdemocracia e galeguismo, que non son incompatibles, únelles unha amizade de fai xa uns cuantos anos. O triunfo de Formoso pode significar tamén a volta á política activa de Besteiro, que unha vez rehabilitado pode retomar ese camiño que trazara xunto ao seu amigo e agora líder dos socialistas galegos. Formoso, un municipalista que pode achegar moito ao socialismo galego.
Escribe o teu comentario