Veciños de Touro protestan á Xunta por TEN e os malos cheiros que soportan desde hai dúas décadas

A planta de tratamento de residuos en TEN cumpre case vinte anos de vida e ten aos veciños en pé de guerra polos malos cheiros.


|

A planta de tratamento de residuos en TEN cumpre case vinte anos de vida e ten aos veciños en pé de guerra polos malos cheiros.


Desde a 'Asociación Cheiros Non de Touro' inciden na necesidade de paralizar a actividade da planta pola saúde dos veciños. De feito, relacionan os casos de cancro dos últimos 15 anos coa contaminación do aire na zona.


Cheiros Ten

Protesta en Touro | Foto: Asociación Cheiros Non de Touro


Imaxínanse ter as xanelas de casa pechadas durante 20 anos? Pois é a vida dos veciños de Touro, que conviven cos malos cheiros da planta de tratamento de residuos de TEN na localidade coruñesa. Este mes as protestas dos tourenses, baixo a 'Asociación Cheiros Non de Touro', entrou nunha nova etapa desde a publicación no Diario Oficial de Galicia por parte da empresa TEN dun proxecto de revisión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) para a “ampliación e adaptación das súas instalacións á Decisión de execución (UE) 2018/1147 da Comisión Europea, do 10 de agosto de 2018, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no tratamento de residuos”.


En menos dun mes, a plataforma recolleu máis de 600 firmas de apoio para a Consellería de Medio Ambiente, analizado o documento e preparado as alegacións contra este proxecto dunha empresa que desde hai anos dificúltalles a vida con actividade que resulta un “incumprimento constante da AAI” de 2015.


“Da análise que realizamos sobre as intencións da empresa TEN con esta petición, na que presenta informes desactualizados de fai máis de tres anos que non se preocupa en actualizar, onde se pode comprobar que non hai ningunha novidade no sistema de tratamento e funcionamento da súa actividade, non considerando en ningún momento as melloras solicitadas pola veciñanza para que cesen os malos cheiros e poñer fin a esta situación insalubre e que non responde ao cumprimento da AAI”, critican.


No seu lugar, no canto de mellorar, os veciños perciben isto como un intento de esconderse “ detrás desta autorización é a legalización de obras realizadas en 2019 e a ampliación da capacidade de recollida de residuos ampliando en máis do 40% o máximo de toneladasadmitidas a recibir, todo iso sen ningún tipo de mellora nin ampliación de persoal, sen analizar tan sequera as repercusións que sobre a poboación terá o aumentar o tránsito de máis camións e o tratamento de máis residuos nunhas instalacións e uns terreos xa declarados como chans contaminados que leva soportado en todos estes anos máis de 2 millóns de toneladas de residuos”.


CASOS DE CANCRO

Na mesma liña, o colectivo denuncia que a empresa non fixo os análises pertinentes para coñecer a repercusión ambiental que ten a súa actividade en ríos e augas subterráneas, “e moito menos sobre a saúde da poboación” que respira os gases que emanan da planta. A continuación, relacionan as altas porcentaxes de casos de cancro en Loxo coa actividade da factoría.


Desde a organización reclaman o cesamento da actividade ata que non se solucionen as carencias que presentan nas súas queixas, que se realicen estudos sobre a calidade do aire e un estudo que poida relacionar a saúde na zona coa actividade da planta. 


Ademais, piden “unha estación de medición de calidade do aire para saber que gases se están emitindo cada día e en que cantidades, de maneira continuada que forme parte das estacións de calidade do aire da Administración, non da empresa, e que se limite a capacidade de residuos a tratar nesta planta que está totalmente sobredimensionada”, operando a menos de 800 metros de vivendas, piscinas ou residencias para a terceira idade.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE