O macrobrote de covid é o estaleiro Freire de Vigo pode roldar os 70 positivos e hai pendente outro cribado

O estaleiro vigués Construcións Navais Paulino Freire anunciou este xoves que, debido ao brote de coronavirus que afecta ao seu persoal e aos traballadores da industria auxiliar, suspende a actividade de produción en buques e talleres desde este venres e ata o 8 de decembro, e condiciona a volta ao traballo a que os operarios teñan PCR negativa.

|

O gran incremento do computo semanal de diagnósticos en Vigo (+66 hoxe) está relacionado cos focos nesta industria e os seus auxiliares.


Freire



O estaleiro vigués Construcións Navais Paulino Freire anunciou este xoves que, debido ao brote de coronavirus que afecta ao seu persoal e aos traballadores da industria auxiliar, suspende a actividade de produción en buques e talleres desde este venres e ata o 8 de decembro, e condiciona a volta ao traballo a que os operarios teñan PCR negativa.


Hai que lembrar que polo menos corenta traballadores, a maior parte de empresas auxiliares, deron positivo nas probas de Covid en Freire e outra trintena estaba onte pendente de resultados .


A través dun comunicado, a empresa confirmou ese peche "debido ao incremento de casos positivos de Covid-19", aínda que eludiu confirmar cantos operarios están afectados pola infección. Nas últimas horas, confirmáronse algo máis de 40 positivos, aínda que fontes consultadas por Europa Press apuntaron que o número de casos xa supera os 70.


UN CRIBADO MÁIS

Esa cifra, con todo, non é definitiva, porque, tal e como explicou Freire, "para garantir unha volta ao traballo segura, volverá facer outro cribado masivo" do persoal do estaleiro e dos traballadores das auxiliares, en coordinación cos servizos do Sergas. Así, é posible que o número de positivos aumente.

Por outra banda, a dirección de CNP Freire tamén comunicou coas empresas que prestan servizo no estaleiro para trasladarlles unha "mensaxe de calma" e informarlles das medidas que se puxeron en marcha nas instalacións "para evitar a cadea de contagios".


MEDIDAS A APLICAR

Segundo puido saber Europa Press, ademais do cribado a todos os operarios, aumentarase a ventilación nas zonas de traballo, e faranse labores de limpeza e desinfección en zonas comúns. Así mesmo, o departamento de Prevención "vixiará activamente que se cumpran estritamente todas as medidas" do protocolo, como o uso de máscaras, a distancia persoal, etc., e os espazos pechados estarán provistos de medidores para evitar a acumulación de CO2.

Por outra banda, quedan prohibidas as reunións nos pañoles e casetas, e reactívanse as medidas restritivas no uso de vestiarios, co adianto nos horarios de entrada e saída para evitar aglomeracións.

Á volta do peche, o próximo 9 de decembro, esixirase aos operarios que regresen ao estaleiro unha PCR negativa. Esta proba deberá realizarse 48 horas antes, e está previsto que o Sergas reforce o seu servizo gratuíto no Punto Covid situado fronte ao Real Club Náutico, para a realización de probas gratuítas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE