O 'Black Friday' contribúe ao peche de tendas pequenas e medianas, alerta a Federación Galega de Comercio

O presidente da Federación Galega de Comercio pide ao Goberno central que volva regular as rebaixas: "Seguimos esperando"

|

O presidente dos comerciantes galegos pide ao Estado que lexisle para regular os períodos de rebaixas.

 

Na súa opinión, só as multinaciones sacan rédito dunha "moda" importada de Estados Unidos


Josu00e9 Maru00eda Seijas

José María Seijas nunha foto da Xunta


O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, carga contra o 'Black Friday' ou 'Venres Negro' porque asegura que favorece máis ás grandes multinacionais que aos pequenos e medianos negocios.

IMPACTO NAS TENDAS LOCAIS
Neste sentido, lamenta que esta xornada "anticipa o Nadal" e conleva "uns descontos durante varios días que o pequeno e o mediano comercio non poden asumir", debido á subida de custos como os enerxéticos e os combustibles. "Vai levar a pasalo con moitas dificultades, mesmo ao consumidor", alerta.

Seijas quéixase de que é unha moda "importada de Estados Unidos" e que, aínda que "antes era un día", agora dura "unha semana ou máis con descontos e moitas promocións".

Ademais, insiste en que o 'Black Friday' provoca "desgaste" nos negocios máis pequenos "para o Nadal", porque "hai moita xente" que aproveita este día para facer as compras para esas datas.

PIDEN REGULACIÓN DAS REBAIXAS
Antes, lembra Seijas, o Nadal "eran das datas de maiores vendas do ano e solucionaba o peche do ano" ao comercio.

Neste contexto, reitera a necesidade de que volva regular "por lei" os períodos de rebaixas e descontos, unha medida que "desaparecía" coa modificación da normativa no ano 2012.

"Isto é responsabilidade do goberno central, en Madrid, e expuxemos xa en varias ocasións isto. Prometéusenos que se ía a retomar, pero seguimos esperando", protesta finalmente o presidente da Federación Galega de Comercio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE