Covid por concellos: Ourense mantén a súa subida desbocada de contagios; Vigo sobe a nivel extremo; Ferrol a alto

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como o escenario empeora cada vez máis e máis nas cidades. Ourense é a máis afectada, cunha razón de taxas moi por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes. Con todo, as demais urbes non quedan atrás: Vigo alcanza o nivel de risco extremo, Ferrol, como Lugo, está en nivel de risco alto, A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra aguantan, por agora, no nivel medio.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como o escenario empeora cada vez máis e máis nas cidades. Ourense é a máis afectada, cunha razón de taxas moi por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes. Con todo, as demais urbes non quedan atrás: Vigo alcanza o nivel de risco extremo, Ferrol, como Lugo, está en nivel de risco alto, A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra aguantan, por agora, no nivel medio.


Con todo, como a xornada pasada, hoxe hai que tomar os datos da Xunta con cautela, xa que estas coifras -obtidas onte ás 18h- non se corresponden co novo semáforo de alertas estatal, aprobado o martes polo Goberno de España, onde cambia a valoración por niveis. Por exemplo, un municipio cunha incidencia de 48 casos por cada 100.000 habitantes hoxe estaría no nivel de nova normalidade, e non en risco medio. O lóxico é pensar que mañá o Goberno de Galicia adaptase os seus datos ao novo sistema de alertas. 


Vilar de Santos, Monterrei, Manzaneda, Cenlle, Guntín, Oroso, Boimorto e Aranga pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. Cerdedo-Cotobade, Portas, Palas de Rei, Padrón, Curtis e Dodro fan o camiño contrario: están con 0 casos activos.



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,45; o que quere dicir que na última semana houbo un 45% máis de positivos que na penúltima. 


Esta xornada non atopamos municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1. Con todo, si hai municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 



  • Gomesende 2
  • Ramirás 2
  • Noia 1,82
  • Sarreaus 1,82
  • Bueu 1,82
  • Salvaterra do Miño 1,82
  • A Illa de Arousa 1,82
  • San Cibrao das Viñas 1,76
  • O Grove 1,74
  • Tomiño 1,70
  • Ponteareas 1,68
  • Carballo 1,65
  • O Carballiño 1,60
  • Redondela 1,59
  • Oza-Cesuras 1,57
  • Ferrol 1,55
  • Moaña 1,56
  • Salceda de Caselas 1,55
  • Narón 1,46
  • Nigrán 1,46
  • Barbadás 1,44
  • Ourense 1,44
  • Mos 1,44
  • Betanzos 1,43
  • Cambre 1,43
  • Viveiro 1,43
  • Ribadavia 1,43
  • Gondomar 1,43
  • Vilanova de Arousa 1,43
  • Baiona 1,41
  • Mazaricos 1,41
  • Tui 1,41
  • Xinzo de Limia 1,39
  • Vilagarcía de Arousa 1,36
  • Vigo 1,34
  • Arteixo 1,33
  • O Porriño 1,33
  • Culleredo 1,30
  • Lugo 1,29
  • Santiago de Compostela 1,27
  • Marín 1,25
  • Forcarei 1,22
  • A Coruña 1,16
  • Pontevedra 1,14
  • Oleiros 1,06
  • Fene 1,04
  • Allariz 1,02



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 



  • Ourense +53
  • Vigo +36
  • Ferrol +19
  • Lugo +12
  • O Grove +11
  • O Carballiño +10
  • O Porriño +10
  • Noia +6
  • Mos +6
  • Narón +5
  • A Coruña +4
  • Cambre +4
  • Oleiros +4
  • Mondariz +4
  • Vilagarcía de Arousa +4
  • Fene +3
  • Oza-Cesuras +3
  • Tomiño +3
  • Allariz +2
  • Ponteareas +2
  • Tui +2
  • Culleredo +1
  • Barbadás +1
  • Xinzo de Limia +1
  • San Cibrao das Viñas +1
  • Salceda de Caselas +1 


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 



  • Foracarei -6
  • Pontevedra -5
  • Mazaricos -3
  • Viveiro -1
  • Bueu -1
  • Nigrán -1
  • Redondela -1
  • Vilanova de Arousa -1 


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos seguen en ascenso por vixésimo quinta xornada consecutiva e sitúanse en 3.573, que supoñen 405 máis que o día anterior ao haber máis contagios (506), que altas (101), ao que se engade un falecemento. O xoves pasado, 18 de novembro, había 1.749 infeccións, polo que a Comunidade galega rexistra 1.824 máis.

As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+114), seguida da de Ourense (+100), A Coruña e Cee (+52), Ferrol (+40), Santiago e Barbanza (+38), Lugo (+33) e Pontevedra e O Salnés (+28).


Por iso, con máis casos continúa a área de Ourense, con 936; seguida da de Vigo, con 918; A Coruña e Cee, con 533; Lugo, con 369; Santiago e Barbanza, con 328; Pontevedra e O Salnés, con 298; e á cola mantense a de Ferrol, con 191.

Segundo os último datos actualizados na tarde deste pasado mércores polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 120,7 casos por 100.000 habitantes --o martes situouse en 108,11--, mentres que a media de España ascende a 148,84.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Os novos contagios de Covid-19 repuntan en Galicia ata os 506, que supoñen máis dun centenar que a xornada anterior, e os hospitalizados por este coronavirus aumentan a 105 --sete máis--, mentres que os casos activos ascenden a 3.573, que constitúen 405 máis. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe a un 7,9 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, Galicia mantén 12 pacientes ingresados en UCI pola Covid, mentres que aumentan a 93 os hospitalizados noutras unidades --sete máis-- e 3.468 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas de Ourense, Vigo e Pontevedra-O Salnés; alíviase nas da Coruña-Cee, Lugo e Ferrol e mantense sen cambios na de Santiago-Barbanza.

En concreto, na área de Ourense aumentan a tres os pacientes en UCI --uno máis-- e a 24 os ingresados noutras unidades --cinco máis--, mentres que na de Vigo descenden a dúas o críticos --un menos--, pero soben a 18 os hospitalizados en planta --catro máis--.

Na de Pontevedra e O Salnés mantense un paciente Covid en UCI e aumentan a oito os ingresados noutras unidades --dúas máis--, mentres que na de Santiago e Babarbanza non hai cambios, con dous en críticos e nove en planta.

Por contra, alíviase a presión asistencial na área da Coruña e Cee, que segue con tres en UCI, pero descenden a 18 os doutras unidades --uno menos--; e a de Lugo mantense sen pacientes en críticos e rexistra cinco noutras unidades --uno menos--.

E na de Ferrol continúa un paciente Covid ingresado en UCI, pero descenden a 11 os hospitalizados noutras unidades, que supoñen dúas menos que a xornada anterior. 


ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (7)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE